7 de abr. de 2019

EXCURSION A LEITARIEGOS

Este fin de semana a xuventude da Asociación Cultural a Feira pasou uns entrañables días na comarca Leonesa de LACIANA, donde disfrutaron da estación de Esquí de Leitariegos e dos atractivos da zona como foi a visita do Pozo mineiro LA MARIA ou Villablino
Agradecer a Isabel e Abel e o personal do Albergue CORDAL DE LACIANA en Caboalles de Abajo, que nos trataron como si estivesemos na nosa casa...









Empanada do Pais .......tipica da comarca de Laciana


Isabel e Abel propietarios do Albergue Cordal de Laciana xunto con Jacinta un Mastín Leonés e a Tropa da Feira





Pozo Mineiro abandonado de LA MARIA en CABOALLES DE ABAJO

20 de mar. de 2019

EXCURSIÓN A LEITARIEGOS


ULTIMAS PRAZAS, AMPLIAMOS A DATA DE INSCRIPCIÓN ATA O 28 DE MARZO

19 de mar. de 2019

CELEBRACION DÍA DO PAI

Celebración do Dia do Pai na Asociación Cultural A Feira, co tradicional campionato de Chave e outra modalidade que cada ano vai a mais o campionato de Trompos e Piouchas








11 de mar. de 2019

MARTES 19, DIA DO PAI

O próximo día de San Xosé , o martes 19 de marzo volveremos a celebrar o día do Pai, como cada ano contaremos co campeonato xa tradicional da Chave e esta ano faremos tamén un campeonato de Trompos e Piochas.

1 de mar. de 2019

Entroido da Feira

Este domingo día 3  e o martes 5 de marzo, poderás disfrutar de novo coa actuación do Tradicional, unico e singular Rancho de Entroido e Cabaleiros da nosa Asociación Cultural A Feira

25 de feb. de 2019

EXCURSION XUVENTUDE A NEVE

Proxima actividade enfocada para a xuventude da Asociación Cultural A Feira, a esquiar a estacion de esqui de Leitariegos en Leon......ANOTATE

8 de feb. de 2019

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA


  

A.C. A FEIRA

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA



A directiva da Asociación Cultural A FEIRA convoca a tódolos/as socios/as á Asemblea Extraordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 23 de Febreiro de 2019 ás 21:00 h en 1ª convocatoria e ás 21:30h en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:
1)    Lectura e aprobación, si procede, da acta anterior.
2)    Tratamento da situacion do soci@ que renuncia do posto de Secretario elexido na anterior Asambleia Ordinaria.
3)    Elección de novo SECRETARIO.

Dada a importancia dos temas a tratar solicitamos a asistencia de tódolos socios/as.
RECORDAMOS, que todos os socios que non teñan xa o recibo domicilialo, poden domicilialo se o desexan

DIRECTIVA 2019