24 de abr. de 2024

Dia da Familia 2024

Unha vez máis imos celebrar o día da famila.


Este ano contaremos coa actuación da compañía de teatro profesional "Roto de Descosida".

O público será a tripulación que se embarque nunha emocionante e divertida aventura no espectáculo de
teatro infantil "A Historia de Rata o Pirrata".

Nesta enérxica representación, seguiranse os pasos de Nazario, un buscavidas coa mirada posta no tesouro, e Rata, un rapaz valente cun soño: ser un auténtico pirata dos mares.


 

 

Ademáis haberá un agasallo para os socios e xogos populares.



 

 

 

7 de mar. de 2024

Asemblea Xeral Ordinaria 2024

 

ASEMBLEA ORDINARIA

 

A directiva da Asociación Cultural A FEIRA convoca a tódolos/as socios/as á Asemblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o SÁBADO 23 de Marzo de 2024 ás 21:00 h en 1ª convocatoria e ás 21:30h en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

 

1)  Lectura e aprobación, si procede, das actas anteriores.

2)  Estado de contas.

3)  Obras realizadas.

4)  Obras e proxectos a realizar.

5)  Baixas e altas.

6)  Información sobre a cantina e o muro.

7)  Posible supresión de avisos en papel a domicilio.

8)  Cambio de directiva: PRESIDENTE, TESOUREIRA e 3 VOGAIS.

9)  Rogos e preguntas.

 

Dada a importancia dos temas a tratar solicitamos a asistencia de tódolos socios/as.

 

RECORDAMOS, que todos os socios que non teñan xa o recibo domicilialo, poden domicilialo se o desexan falando coa directiva.

 

O PRAZO PARA PAGAR O RECIBO SIN RECARGO REMATA O 31 DE MARZO

 

Para ser incluído no grupo de difusión  de  WhatsApp enviar unha mensaxe co nome ó número 644845764

3 de xan. de 2024

Rancho de Reis 2024

 Achégase o día de reis, e polo tanto sae a bailar o rancho de reis da Feira.

Teremos actuación do rancho despois da misa de reis, polos barrios o día 7 e no casco vello de Vigo o día 13.

 




 



2 de xan. de 2024

Play-backs de Reis

 O próximo día 5 de xaneiro de 2024 teremos os xa tradicionais play-backs protagonizados polos nenos do barrio.