13 de abr. de 2025
2 de abr. de 2025
SUBASTA DA CANTINA
ÁBRESE O PRAZO PARA QUE OS/AS SOCIOS/AS INTERESADOS PRESENTEN OFERTAS POLA CANTINA DO CENTRO CULTURAL. PARA PODER PARTICIPAR NA SUBASTA, É IMPRESCINDIBLE ESTAR AO CORRENTE DE PAGO NA CUOTA DE SOCIO.
PRAZO: DENDE O XOVES 03/04/2025 ATA O DOMINGO 13/04/2025
O CANTINERO/A DEBERÁ CUMPRIR OS SEGUINTES REQUISITOS:
· PAGO DO RECIBO DA LUZ
· PAGO DO RECIBO DA AUGA
· LIMPEZA DA CANTINA E DO LOCAL SOCIAL
· HORARIO MÍNIMO DE APERTURA:
o DE LUNS A VENRES, DE 14:00H A 18:00H E DE 20:00H A 00:00H.
o SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS, DE 12:00H A 00:00H.
· PAGO DUNHA FIANZA DE 300 €
A CONCESIÓN SERÁ POR 2 ANOS, CON POSIBILIDADE DE PRÓRROGA SE AO REMATE DA CONCESIÓN O CANTINERO/A SEGUE INTERESADO EN CONTINUAR.
O ADXUDICATARIO/A DEBERÁ DARSE DE ALTA NA SEGURIDADE SOCIAL NO RÉXIME DE AUTÓNOMOS.
O PRECIO MÍNIMO DE SUBASTA SERÁ DE 250 € AO MES
OS SOCIOS QUE ESTEN INTERESADOS DEBERÁN ENTREGAR A CALQUERA MEMBRO DA DIRECTIVA UN SOBRE PECHADO CO SEGUINTE CONTIDO:
· NO EXTERIOR DO SOBRE: NOME COMPLETO DO SOCIO, TELÉFONO, DATA E HORA DA ENTREGA DO SOBRE.
· DENTRO DO SOBRE: NOME DO SOCIO E CANTIDADE MENSUAL OFERTADA.
OS SOBRES ABRIRÁNSE EN PRESENCIA DE TÓDOLOS OFERTANTES O DOMINGO 13/04/2025 ÁS 12:30H DO MEDIODÍA NO CENTRO CULTURAL.
ADXUDICARÁSE A CANTINA O/A SOCIO/A QUE OFERTE A CANTIDADE MENSUAL MÁIS ELEVADA. NO CASO DE EMPATE, TERÁ PREFERENCIA O SOBRE ENTREGADO CON ANTERIORIDADE.
O RELEVO DA CANTINA REALIZARÁSE O DÍA 08/05/2025
31 de mar. de 2025
Poñemos á disposición dos socios os vídeos que se custodian na oficina do centro cultural.
O prazo para pedir unha copia remata o 20 de abril
18 de mar. de 2025
29 de xan. de 2025
COMUNICADO PARA OS SOCIOS CO RECIBO DOMICILADO
Estimado socio/a,
Dende a Xunta Directiva da Asociación Cultural A Feira queremos informar dun cambio no procedemento de cobro das cotas debido ó incremento substancial das comisións bancarias que se ven producindo últimamente.
Agradeceríamos que, si che resulta posible, pases pola oficina da asociación para aboar o recibo en man. Este pequeno xesto axudaranos a reducir os custos administrativos e a garantir unha mellor xestión dos recursos da nosa entidade.
Non fai falta dar a domiciliación de baixa nin facer ningún outro trámite, xa que o banco solo cobra os recibos que nós lle indicamos. Se non pasas a abonar o recibo antes do 31 de marzo na oficina, procederemos a mandalo ó banco como viña sendo habitual, pero a asociación terá que pagar a comisión bancaria asociada ó trámite.
Esperamos que esta medida teña unha boa acollida e solo haxa que enviar ó banco os cobros dos socios que realmente non poden acudir presencialmente ou mandar un familiar a facer o pago.
Agradecemos a túa comprensión e colaboración. Para calquera dúbida ou consulta, non dubides en poñerte en contacto con calquera membro da directiva personalmente ou a través do whatsap.
Atentamente,
A Directiva
11 de dec. de 2024
3 de nov. de 2024
Andaina solidaria con Valencia
Tras os tráxicos acontecementos acontecidos na zona do levante, a andaina do próximo día 10 vai tomar un caracter solidario.
Todas aquelas persoas que queiran poderán traer productos para axudar ós afectados en terras valencianas.
A participación está aberta a todo o público que desexe acudir.
E se non queres ir a andar, tamén podes deixar a túa donación no teleclub.
COLABORA !






