15 de mar. de 2012

Día do Pai


O próximo domingo 18 de marzo celebraremos o día do pai 2012 coas seguintes actividades:
  • Campionato de chave
  • Campionato de petanca
Ademáis haberá un agasallo para tódolos pais socios que asistan.

4 de mar. de 2012

Asamblea Xeral Extraordinaria



A directiva da Asociación Cultural A Feira convoca a tódolos/as socios/as á Asamblea Extraordinaria que se celebrará  no salón de actos do centro o día SÁBADO 24 DE MARZO de 2012 ás 21:00 en primeira convocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Aclaración de dudas e solución de problemas acerca da rede WIFI
  • Acordo sobre a posibilidade de realizar comidas no galpón
Dada a importancia dos temas a tratar prégase a asistencia de tódolos socios.

18 de feb. de 2012

17 de feb. de 2012

Webcam: O torreiro de festas da Feira

Como pasa o tempo, fai nada que era carnaval e xa estamos outra vez nestas datas tan importantes para o noso barrio.

Se non vas a poder vir a disfrutar das festas, podes vernos a través da nosa cámara web:
http://entroidoafeira.axiscam.net:50000


13 de feb. de 2012

Recibo de Socio 2012


Recordámosvos que están ó cobro os recibos correspondentes ó ano 2012.

O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de esa data terán que afrontar un recargo do 20% no prezo.

Lembra que as aportacións dos socios son imprescindibles para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano, que son moitas.


Se eres estudiante, recorda que hai unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa para non colaborar !

4 de feb. de 2012

Nova Directiva

Na asamblea ordinaria celebrada o pasado 28 de xaneiro, resultaron elixidos os seguintes socios/as para ocupar cargos na xunta directiva da asociación:
  • Presidente: Quique Mariño
  • Tesoureiro: Marcos Troncoso
  • Vocal: Paulo Montes
  • Vocal: Javier Martínez
  • Vocal: Inés Durán

20 de xan. de 2012

Asamblea xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o próximo Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21:00 en primeira comvocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Estado das obras actuais
  • Estado de contas
  • Obras realizadas e proxectos a realizar
  • Cambio de directiva: elección de presidente, tesoureiro e 3 vocais
  • rogos e preguntas

Prégase a asistencia de tódolos socios