14 de xul. de 2014

Capionato de Volei sobre area


Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.

Este ano o campionato comenzará o 28 de Xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 23 de Xullo.
  •  Non se aprazarán partidos
O  calendario dos partidos publicarase cando se faga o sorteo e se publique o calendario, despois de pechar as inscricións.

HABERÁ PREMIO PARA OS GAÑADORES


6 de xul. de 2014

Comida do Socio 2014



Un ano máis chega o momento de celebrar a unión do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 13 de xullo nos agoeiros.



MENÚ:
  • churrasco con criollos e chourizos
  • pan
  • viño
  • café
  • postre

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 15 a 17 anos 5 €
fillos de socios menores de 14 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    15 €
non socios menores de 14 anos 8 €

prazo de inscripción: ata o 6 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse


    21 de xuño de 2014

    Fogueira de San Xoán


    A  A.C. A Feira convida tódolos socios/as á fogueira de San Xoán o vindeiro luns 23 de xuño a partir das 22:30

    Como é tradición, faremos a fogueira e unha sardiñada acompañada de pan e viño para tódolos socios presentes.

    O acontecemento estará amenizado polo grupo de gaitas "Os de sempre"

    Prezo para non socios: 4 €

    Gracias a todos por participar.

    23 de maio de 2014

    Excursión en familia

    O próximo 14 de Xuño faremos unha excursión ó parque eólico experimental de Sotavento, na serra da loba (A Coruña)

    Prezos para socios:  15 €  adultos, gratis para fillos de socio menores de 18 anos.
    Prezos para non socios: 20 €  adultos, 15 € nenos.

    Os nenos menores de 5 anos deben ir acompapados dun adulto.

    Prazas limitadas a 2 autobuses

    Data límite para anotarse: 8 de xuño

    Cada un debe levar a súa propia comida.





    13 de maio de 2014

    Andaina a San Cibrán

    A Asociación Xuvenil Entroido organiza unha subida a San Cibrán tradicional a pé.

    Cando: O día de San Cibrán, Domingo 25 de Maio

    10:00 Saída do centro cultural
    12:00 Parada a almorzar unha peza de Froita
    14:00 Chegada a San Cibrán.
    14:30 Comida campestre con tortilla, empanada, bocata de xamón asado, auga, viño, café e postre.


    Prezo: Se tes 13 anos  ou máis: 10 €
               Ata 12 anos: 5 €

    Inscricións ata o 18 de maio na cantina do centro cultural e na tenda de Mitos.

    8 de maio de 2014

    Clases de gaita galega



    Ábrese o prazo de inscricición para as clases de gaita galega.

    Todos os niveis:
    • Principiante
    • Intermedio
    • Perfeccionamento

    As clases serán os mércores ás 22:00

    Prezos: Socios 12 €/mes. Non socios 17 €/mes


    IMPORTANTE: Apuntarse no centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.

    2 de maio de 2014

    Día da Nai




    O próximo domingo día 4 de maio, ás 17:00 celebraremos o día da nai.

    Haberá un campionato de chave e xogos de habilidade para tódalas nais socias que desexen participar.

    Tamén haberá campionato de petanca para todos aqueles/as que queiran participar.

    E como aliciente á participación haberá un detalle para tódalas nais socias que se acheguen polo centro.