Todos aqueles interesados en participar nos play-backs da véspera de Reis pódense apuntar na lista que hai no tablón de anuncios do centro cultural.
O último día para anotarse é o domingo 11 de decembro.
7 de dec. de 2011
29 de out. de 2011
42 ciclo cultural
Un ano máis, coa chegada do frío, chega tamén unha nova edición do ciclo cultural na Feira.
Este ano contamos con actividades inéditas, sen deixar de lado os actuacións de todos tipos.Durante todo o ciclo cultural terá lugar a 2ª exposición de esculturas de raíces realizadas por José Blanco, e coma sempre teremos distintos campeonatos que terán lugar durante todo o ciclo cultural.
Clases de Aerobic
Proximamente imos ter unha nova actividade no centro cultural: clases de aerobic.
Será os martes e xoves ás 21:30
Os prezos son 15€ socios 18€ non socios.
Para apuntarse poñerse en contacto coa directiva
30 de set. de 2011
2ª Festa do Corzo
Despois do grande éxito do ano pasado, volvemos a ter unha nova edición da festa gastronómica do corzo.
LUGAR: Torreiro de festas da Concepción, Salceda
DATA: 9 de Outubro, a partir das 10 da mañán
O menú inclúe corzo con guarnición, pan e viño.
E se chove, podes vir igual, que imos ter CARPA.
23 de set. de 2011
Fotos da excursión a Portugal
A fin de semana do 10 e 11 de setembro fixemos unha excursión a Portugal, visitando lugares coma Alcobaça, Nazaré, Óbidos, Buda Edhen, etc.
Aquí van algunhas fotos como recordo da visita:
Aquí van algunhas fotos como recordo da visita:
FOTO DE GRUPO |
O mosteiro de Alcobaça. Vista dende o hotel. |
Dentro da cheminea do mosteiro de Alcobaça |
A praia de Nazaré |
O mercado de peixe secado ó sol en Nazaré |
Paseando polas rúas de Óbidos |
O Budha Eden |
27 de ago. de 2011
Fin de semana multi-aventura
A nosa Asociación Xuvenil ten previsto realizar unha fin de semana de Multi-Aventura os días 17 e 18 de setembro, dirixida a maiores de 18 anos.
Precios por persoa:
- Socios 100 €
- Non Socios 130 €
Actividades: RUTA A CABALO, ACTIVIDADE A ELEXIR E UNHA MAÑÁN DE BALNEARIO.
Horarios de saída e chegada:
Sábado 17: saída da Feira ás 8:30 con destino a Brión
Domingo 18: chegada á Feira ás 20:00
Inscripción ata o 7 de setembro. Haberá unha reunión o venres 9 de setembro para concretar os detalles.
Necesitamos un mínimo de 20 persoas para que se realice a excursión.
7 de ago. de 2011
Excursión para maiores de 18 anos a Portugal
Data: 10 e 11 de setembro de 2011
Saída ás 6:30 da mañán
Destinos: Alcobaça, Nazaré, Obidos e Buddha Eden (Portugal)
Visualizar o mapa ampliado
Prezo para socios: 90 € por persoa
Prezo para non socios: 120 € por persoa
Pagar ó anotarse
PROGRAMA DA VIAXE:
Saída ás 6:30 da mañán
Destinos: Alcobaça, Nazaré, Obidos e Buddha Eden (Portugal)
Visualizar o mapa ampliado
Prezo para socios: 90 € por persoa
Prezo para non socios: 120 € por persoa
O prezo inclúe:
- Viaxe en autocar
- Pensión completa
- Seguro de viaxe
- Guía acompañante
Pagar ó anotarse
PROGRAMA DA VIAXE:
DÍA 10: Salida a las 6:30 en autocar de lujo hacia ALCOBAÇA. A la llegada visitaremos la ciudad portuguesa, conocida por su Monasterio Cisterciense, fundado por la orden de Alfonso I de Portugal, de estilo gótico con influencias moriscas, posee la mayor iglesia de Portugal.. COMIDA. Por la tarde visita a NAZARÉ, típica villa pesquera que ha mantenido sus tradiciones asociadas con el mar. El «Sitio», el punto más alto de la ciudad (al cual se puede acceder por un ascensor) es sin duda el mejor lugar para contemplar las vistas que nos ofrece Nazaré, además de estar muy vinculado al culto a la Virgen de Nazaré. Regreso al hotel, cena y alojamiento.
Día 11: Después de desayunar, nos dirigiremos hacia el BUDDHA ÉNDEN, impresionante jardín oriental con estatuas chinas, y de enormes Budas. Espacio idealizado por el comendador Joe Berardo, que quiso hacer un espacio de meditación y paz, con la misión de sensibilizar al visitante del conocimiento interior a través de este jardín, situado en el medio de los viñedos de Bombarral, en las cercanías de la Quinta dos Loridos. A continuación, visita a OBIDOS, bellísimo pueblo de casas blancas adornadas con buganvillas y madreselvas, conquistado por el primer rey de Portugal, Alfonso Henriques, en 1148. Realizaremos un recorrido por sus principales monumentos: las murallas que rodean a la villa, el Castillo, la Porta da Vila, el Acueducto, la Iglesia de Santa María, etc. COMIDA. A la hora acordada inicio del viaje de regreso a Salceda.
17 de xul. de 2011
Campionato de Volei-Praia mixto
Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
Este ano o campionato comenzará o 26 de xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
- Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
- Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
- Ser socio/a
- Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
- Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 21 de Xullo.
- Non se aprazarán partidos
5 de xul. de 2011
Comida do socio
Un ano máis chega o momento de celebrar a unión de tódolos habitantes do barrio mediante a tradicional festa do socio.
Data e lugar: domingo 10 de xullo nos agoeiros.
ACTIVIDADES:
11:00 | parva: augardente con figos para todos os maiores de idade presentes |
12:00 | partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as. |
14:00 | comida |
17:00 | xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha… |
MENÚ:
- carne ó caldeiro
- pan
- viño
- café
- postre.
PREZOS:
socios, e fillos de socios de 14 a 18 anos | 8 euros |
fillos de socios de 10 a 14 anos | 4 euros |
fillos de socios menores de 10 anos | gratis |
non socios maiores de 14 anos | 16 euros |
non socios menores de 14 anos | 8 euros |
prazo de inscripción: ata o 6 de xullo na a.c. a feira.
condicións:
- ter o recibo de socio ó corrente.
- cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.
pagar no momento de anotarse
18 de xuño de 2011
Fogueira de San Xoán
O próximo Xoves 23 de Xuño a partir das 22:30 imos celebrar a xa tradicional fogueira de San Xoán.
Haberá sardiñada acompañada de pan. O viño hai que traelo da casa.
Os non socios deberán pagar 3 € e traer viño.
24 de maio de 2011
Fotos do sendeirismo a Pena Corneira (Leiro)
Algunhas fotos do sendeirismo desde ano a Leiro (Ourense)
Para ver tódalas fotos, pincha sobre esta:
Para ver tódalas fotos, pincha sobre esta:
2011-Sendeirismo a Leiro |
15 de maio de 2011
Excursión para nenos
A AC A Feira organiza unha excursión para nenos o próximo sábado 11 de xuño.
O itinerario é o seguinte:
- Saída do centro cultural ás 8:00 h. destino A Coruña
- Visita ós seguintes lugares, con descanso para a comida:
- Fillo de socio de 5 a 17 anos: 10€
- Non socio de 5 a 17 anos: 14€
INSCRICIÓN:
Na AC A Feira ata o 5 de xuño. PAGAR Ó ANOTARSE.
Nota: Temos que xuntar un mínimo de 25 nenos para poder realizar a excursión.
11 de maio de 2011
¿Xa recolleches o teu libro?
Recordatorio para os nosos socios máis remolóns:
A asociación cultural A Feira obsequia con un exemplar do libro Lembranzas da miña terra de Florencio Fernández a cada socio.
Pero hai que pasar a collelo polo centro cultural, non cho levamos á casa.
FERNÁNDEZ, Florencio. Lembranzas da miña terra. Ediciones Cardeñoso: Vigo, 2011. 103 p. ISBN: 978-84-8190-632-5
Este vídeo foi elaborado por Xan Penabella. Podedes atopar outros vídeos no blog salcedadocumental.blogspot.com.
A asociación cultural A Feira obsequia con un exemplar do libro Lembranzas da miña terra de Florencio Fernández a cada socio.
GRATIS
Pero hai que pasar a collelo polo centro cultural, non cho levamos á casa.
FERNÁNDEZ, Florencio. Lembranzas da miña terra. Ediciones Cardeñoso: Vigo, 2011. 103 p. ISBN: 978-84-8190-632-5
Este vídeo foi elaborado por Xan Penabella. Podedes atopar outros vídeos no blog salcedadocumental.blogspot.com.
16 de abr. de 2011
Sendeirismo a Leiro, Ourense
O próximo sábado 30 de Abril imos realizar a ruta de sendeirismo de Pena Corneira, no concello de Leiro, pertencente ás terras da baixa Limia, na provincia de Ourense.
Non hai que levar comida porque, coma sempre, tanto o almorzo coma o xantar corren a cargo da directiva.
A saída será ás 8 da mañá do centro cultural.
Recorda que o prazo para anotarse remata o 24 de Abril (Domingo de Pascua) e hai que pagar ó anotarse. Só podemos levar un autobús, así que cando se acaben as prazas non se admitirán máis inscricións.
Prezos:
- Socio: 10 € (hai que ter o recibo de 2011 pagado)
- Fillo de socio de 15 a 18 anos: 5 €
- Fillo de socio de ata 14 anos: gratis
- Non socio: 15 €
- Fillo de socio maior de 18 anos non socio: 15 €
Información sobre a ruta:
Partimos do Paseo Fluvial de Leiro, xunto a pasarela, para ascender ata Lebosende polo chamado Camiño Real compartido co PR-G 76.
En Paredes atopase a área etnográfica “Regato do Foxo” formada por 6 muiños e 30 hórreos. Dende eiquí, unha opción posible é acercarse a igrexa románica de San Tomé de Serantes do S. XII, unha das máis interesantes de toda Galiza.
Un singular paisaxe de vexetación autóctona conduce ata a área recreativa de Pena Corneira cos espectaculares “cornos” de granito que dan nome a esta formación e coa recoleta igrexa románica de Lamas. Dende eiquí, dúas derivacions acercanse ata a propia Pena Corneira e ao Mirador do Outeiral, ambos a máis de 600 m de altitude e con excelentes vistas sobre a comarca.
Lonxitude
A ruta principal ten 8,7 km. As derivacións alcanzan os 2,2 km entre ida e volta.
Puntos partida /chegada
Leiro / Parque Forestal de Pena Corneira.
Recorrido
Leiro, Lebosende, Paredes, Valboa e área recreativa de Pena Corneira.
Dificultade
Fácil.
Duración
Media. Depende do sentido no que se queira facer. De Leiro a Pena Corneira é ascendente polo que o sentido contrario simplifica a ruta bastante.
Conexions
Co PR-G 76.
Material
Calzado apropiado. A cantimplora é sempre recomendable, inda que neste caso existen varias fontes ao largo do itinerario.
Servicios
En Leiro.
M.I.D.E
Medio | ||||||
Itinerario | ||||||
Desprazamento | ||||||
Esforzo |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)