12 de abr. de 2012
Charla sobre separación de resíduos
O Próximo venres 13 de Abril ás 20:30
terá lugar no salón de actos da Asociación Cultural A Feira unha charla informativa por parte do Concello de Salceda sobre a separación de lixo, onde se comentará a forma correcta para desfacerse dos distintos tipos de desperdicios domésticos.
Recorda que ademáis de estar prohibido e penado con sanción, desprenderse do lixo no monte é incívico, resulta estéticamente aberrante e pode resultar moi dañino para o medio natural.
Nesta charla aprenderemos como hai que actuar para desfacerse de aparellos voluminosos, como desprenderse de materiais perigosos e cal é o contedor apropiado para cada tipo de refugallo.
Trátase dun tema moi interesante, polo que recomendamos a asistencia de todos os veciños.