11 de dec. de 2024
3 de nov. de 2024
Andaina solidaria con Valencia
Tras os tráxicos acontecementos acontecidos na zona do levante, a andaina do próximo día 10 vai tomar un caracter solidario.
Todas aquelas persoas que queiran poderán traer productos para axudar ós afectados en terras valencianas.
A participación está aberta a todo o público que desexe acudir.
E se non queres ir a andar, tamén podes deixar a túa donación no teleclub.
COLABORA !
30 de out. de 2024
Andaina das fontes
O próximo domingo 10 de novembro faremos a andaina que houbo que apazar no ciclo cultural por culpa das inclemencias meteorolóxicas.
16 de set. de 2024
Charla sobre o Alzheimer
O próximo Venres día 4 de outubro teremos unha interesante charla sobre o Alzheimer e outras demencias impartida por Paula Costa, psicóloga experta na materia.
13 de set. de 2024
LII CICLO CULTURAL
Este 2024 vaise consumindo lenamente, e así como se vai achegando o seu final, ímonos aproximando ó ciclo cultural deste ano.
7 de set. de 2024
27 de ago. de 2024
21 de ago. de 2024
Comida do Socio 2024
Este ano, para intentar que nadie poña de escusa a praia para deixar de acudir, movemos a festa para o mes de setembro. O domingo 22 faremos a comilona con lixeiros cambios nun menú que está resultando ben acollido polos socios nos últimos anos.
Apúntate na cantina e acórdate de que hai que pagar ó apuntarse.
Coma sempre, para participar hai que ter o recibo de socio de 2024 pagado.
10 de xul. de 2024
11 de xuño de 2024
Fogueira de San Xoán
O próximo sábado 22 de Xuño faremos a fogueira deste ano, xusto un día antes da véspera de San Xoán.
Aproveitaremos a xornada para presentar a nova obra do noso grupo de teatro: Ratibróm
E na parte musical estaremos acomañados polo grupo de gaitas AIRIÑOS DO CASELAS.
Vinde comer unhas sardiñas e saltar a fogueira!
4 de xuño de 2024
Excursión dos Nenos a Marcelle Natureza
Este pasado domingo, os nenos da Asociación Cultural A Feira gozaron dunha emocionante excursión a Marcelle Naturaleza. Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, onde os máis pequenos puideron conectar co medio ambiente e descubrir fauna local e foránea.
Un Parque para a Conservación e Educación Ambiental
Marcelle Naturaleza é un parque zoolóxico e centro de conservación que se atopa en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Este parque ten como finalidade a conservación de especies, tanto autóctonas como exóticas, e a educación ambiental. O obxectivo principal é promover a conciencia ecolóxica e o respecto pola biodiversidade a través de actividades educativas e recreativas.
Os animais que se atopan no parque inténtanse reintroducir no seu hábitat sempre que sexa posible, por iso cada visita é diferente xa que van cambiando os exemplares expostos.
A xornada comezou coa saída en autobús desde o centro cultural. A viaxe estivo marcada pola escasa capacidade de retención de líquidos das criaturas, xa que houbo que facer nada menos que tres paradas antes de chegar a destino.
Unha vez en Marcelle, fomos recibidos polos guías, que nos ofreceron unha pequena introdución sobre o parque e as especies que iamos coñecer.
O percorrido polo parque foi unha experiencia divertida. Os nenos tiveron a oportunidade de ver de preto animais como lobos, linces, cervos, avestruces, e moitos outros. A diversidade de especies presentes no parque permite aos visitantes coñecer a fauna de diferentes partes do mundo. Ademais, os nenos estiveron moi participativos, facendo moitas preguntas ós guías, que axudaron a concienciar aos pequenos sobre a importancia de coidar o medio ambiente.
Unha Xornada de Convivencia
Unha vez reamatada a visita, puxemos rumbo á Feira, facendo unha parada para a merenda, , onde os nenos repuxeron forzas e vaciaron as vexigas para evitar máis paradas no camiño de regreso.
A excursión a Marcelle Naturaleza foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora para todos os participantes. Actividades como esta reforzan o compromiso da Asociación Cultural A Feira coa educación ambiental e a promoción de actividades saudables ao aire libre para os máis pequenos.
Esperamos que todos os nenos levasen para casa moitos recordos felices e, sobre todo, unha maior conciencia sobre a importancia de protexer a nosa natureza.
E se algo saliu mal, os responsables son esta panda:
Directiva 2024
13 de maio de 2024
Día da familia: Unha Xornada de Diversión Participativa
Este pasado domingo, na Asociación Cultural A Feira celebramos o Día da Familia nun ambiente de alegría e diversión para todos. Con xogos populares, unha emocionante obra de teatro e agasallos para os socios.
Comezamos a xornada coa emoción palpable no aire mentres familias enteras se reunían no noso torreiro.
Os xogos tradicionais como a silla ou a chave e iniciaron a diversión, con risas e competencia amigábel en cada xogo. Os pequenos estiveron moi participativos, creando eses recordos que posteriormente lembrarán con nostalxia.
Logo, mergullámonos na obra de teatro "As Aventuras de Rata o Pirrata", representada pola compañía "Roto e Descosida". Esta vez, a actuación foi especialmente emocionante porque involucrou á audiencia. Os membros do público foron convidados a unirse á tripulación pirata e participar activamente na historia, o que engadiu unha nova capa de emoción e conexión co público, ainda que algún espectador non estivese moi colaborador ;-)
Despois de tanto entretemento, organizamos actividades para seguir disfrutando do día, incluído o xogo do pañuelo e o lanzamento de globos de auga, que foi un éxito entre os asistentes. O espírito de camaradería e diversión flotaba no aire polo que voaban os globos que pillaron despistado a máis de un.
E, para rematar, entregamos agasallos especiais aos nosos socios, agradecéndolles o seu apoio continuo e compromiso coa nosa asociación.
En resumo, o Día da Familia na Asociación Cultural A Feira foi unha celebración alegre, onde nos unimos como comunidade para compartir risas, emocións e momentos de conexión. Agardamos con ansias os próximos eventos onde poderemos seguir fortalecendo os nosos lazos como familia cultural.
28 de abr. de 2024
Excursión para nenos a Marcelle Natureza
Este ano a excursión para nenos vai ser a Marcelle Natureza, na provincia de Lugo.
Nesta excursión a rapazada poderá contemplar moitas especies animais, así coma facer a visita guiada á zona da reserva.
IMPORTANTE: asinar a autorización ó anotar ós cativos.
Non socios pagar ó anotarse.
¿Qué é a Reserva?
Para poder manter a beleza e esencia natural do lugar e asegurar o desfrute do maior número posible de persoas ao longo do tempo, é imprescindible limitar o número de visitas que recibe diariamente.
É tamén esencial que os visitantes vaian acompañados dun guía con grupos reducidos para asegurar o cumprimento das normas e poder transmitir unha mensaxe adecuada sobre a conservación deste hábitat24 de abr. de 2024
Dia da Familia 2024
Unha vez máis imos celebrar o día da famila.
Este ano contaremos coa actuación da compañía de teatro profesional "Roto de Descosida".
O público será a tripulación que se embarque nunha emocionante e divertida aventura no espectáculo de
teatro infantil "A Historia de Rata o Pirrata".
Nesta enérxica representación, seguiranse os pasos de Nazario, un buscavidas coa mirada posta no tesouro, e Rata, un rapaz valente cun soño: ser un auténtico pirata dos mares.
Ademáis haberá un agasallo para os socios e xogos populares.