Este pasado domingo, na Asociación Cultural A Feira celebramos o Día da Familia nun ambiente de alegría e diversión para todos. Con xogos populares, unha emocionante obra de teatro e agasallos para os socios.
Comezamos a xornada coa emoción palpable no aire mentres familias enteras se reunían no noso torreiro.
Os xogos tradicionais como a silla ou a chave e iniciaron a diversión, con risas e competencia amigábel en cada xogo. Os pequenos estiveron moi participativos, creando eses recordos que posteriormente lembrarán con nostalxia.
Logo, mergullámonos na obra de teatro "As Aventuras de Rata o Pirrata", representada pola compañía "Roto e Descosida". Esta vez, a actuación foi especialmente emocionante porque involucrou á audiencia. Os membros do público foron convidados a unirse á tripulación pirata e participar activamente na historia, o que engadiu unha nova capa de emoción e conexión co público, ainda que algún espectador non estivese moi colaborador ;-)
Despois de tanto entretemento, organizamos actividades para seguir disfrutando do día, incluído o xogo do pañuelo e o lanzamento de globos de auga, que foi un éxito entre os asistentes. O espírito de camaradería e diversión flotaba no aire polo que voaban os globos que pillaron despistado a máis de un.
E, para rematar, entregamos agasallos especiais aos nosos socios, agradecéndolles o seu apoio continuo e compromiso coa nosa asociación.
En resumo, o Día da Familia na Asociación Cultural A Feira foi unha celebración alegre, onde nos unimos como comunidade para compartir risas, emocións e momentos de conexión. Agardamos con ansias os próximos eventos onde poderemos seguir fortalecendo os nosos lazos como familia cultural.