ESTE ANO RETOMAMOS O TRADICIONAL TORNEO DE VOLEI PRAIA NA FEIRA!
ANÍMATE A PARTICIPAR
NORMAS TORNEO DE VOLEI A FEIRA ´25
Formato do equipo:
Cada equipo está composto por 5 xogadores/as en pista, dos/as cales 2 deberán ser socios/as.
A idade mínima será de 12 anos (nados no 2013)
Os equipos deben ser mixtos, garantindo sempre a presenza na pista de homes e mulleres de xeito equitativo (3+2 ou 2+3)
Os cambios realízanse no momento do saque, coa autorización do/a árbitro/a.
Regras do xogo:
Toques: Máximo 3 toques por equipo para devolver o balón (o bloqueo conta como un toque).
Ningún xogador/a pode tocar o balón dúas veces seguidas (excepto no bloqueo).
O balón debe pasar por riba da rede e caer dentro do campo rival para puntuar.
Non se permite tocar a rede nin interferir co equipo contrario.
O saque realízase detrás da liña de fondo (calquera tipo: abaixo, arriba ou en salto).
Sistema de puntuación:
Xógase ao mellor de 3 sets.
Os dous primeiros sets son a 15 puntos (mínimo 2 puntos de diferenza).
O terceiro set, se é necesario, é a 11 puntos (mínimo 2 puntos de diferenza).
Úsase o sistema de punto por xogada (cada acción puntúa, independentemente de quen saque).
Cada equipo sumará 3 puntos por partido gañado, 1 punto por partido perdido por 2 sets a 1, e 0 puntos por partido perdido por 2 sets a 0.
Saque e rotación:
Antes de cada partido realizaranse 2 sorteos: un para decidir o campo de xogo, e outro para decidir que equipo realiza o primeiro saque.
O equipo que gaña un punto saca na seguinte xogada.
Os/as xogadores/as rotan no sentido das agullas do reloxo ao recuperar o saque.
As posicións deben manterse ata que o balón se saque.
Faltas:
As faltas inclúen: tocar o balón dúas veces seguidas (excepto no bloqueo), reter o balón, toque dobre (excepto no saque), invadir o campo rival por baixo da rede.
Unha falta outorga o punto ao equipo contrario.
Tempo de descanso:
Descanso de 1 minuto entre sets (3 minutos antes do set decisivo).
Conduta:
Esíxese un comportamento deportivo.As condutas antideportivas poden resultar en advertencias, perda de puntos ou descualificación.
Criterios de desempate (en caso de empate a puntos):
(1) Diferenza de sets: Calcúlase a diferenza entre sets gañados e perdidos en todos os partidos do torneo.
(2) Diferenza de puntos: Calcúlase a diferenza entre puntos anotados e recibidos en todos os sets xogados.
Sorteo: Se persiste o empate, realízase un sorteo para determinar a clasificación.