21 de xuño de 2010
Excursión para nenos CANCELADA
Lamentablemente, o número de nenos inscritos para a excursión ó parque natural de Marcelle programada para o próximo 26 de Xuño non alcanzou o mínimo necesario.
Así que a excursión vai ser CANCELADA.
19 de xuño de 2010
Campionato de Volei-praia
Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
Este ano o campionato comenzará o 5 de xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
- Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 7 integrantes.
- Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
- Ser socio/a
- Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
- Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 1 de Xullo.
- Non se aprazarán partidos
Fogueira de San Xoán
Convidamos a tódolos socios á fogueira de San Xoán que faremos o próximo mércores 23 de Xuño ás 22:30
Como ven sendo tradicional a fogueira será acompañada dunha sardiñada con pan e viño para tódolos presentes.
"É DE AGRADECER QUE CADA UN TRAIA O VIÑO QUE VAI BEBER"
Os non socios que queiran participar desta actividade deberán pagar 3 € e traer o viño.
21 de maio de 2010
Excursión para nenos
Data: Sábado 26 de Xuño
Saída: 8:30 h.
Destino: Parque natural Marcelle, en Outeiro de Rei, Lugo.
Prezos:
- fillos de socios de 3 a 17 anos: 9 euros.
- non socios de 3 a 17 anos: 13 euros.
marionetas para os máis pequenos.
Desplazamento en autobús.
Os nenos deberán levar a comida para pasar o día.
Incripción ata o 27 de Maio na A. C. a Feria.
Imprescindible pagar ó anotarse.
A actividade require un mínimo de 25 participantes
Máis información:
http://www.marcellenatureza.com
http://www.ionapel.com/Artículo10.htm
http://turismogalicia.blogspot.com/2007/04/parque-natural-marcelle-lugo.html
http://www.ciao.es/Opiniones/Marcelle_natureza_San_Martin_de_Guillar_Outeiro_de_Rei__413434
25 de abr. de 2010
Excursión da asociación xuvenil Entroido
Datas: 15,16,17 de Maio de 2010
Lugar: Parque Natural de Arribes del Duero
Prezos por persoa:
- Socios: 70 €
- Non socios: 110 €
- Cea do sábado
- Pensión completa o domingo
- Desaiuno e comida o Luns
- Paseo en catamarán polo río Douro
O prezo non inclúe calquera outro servizo non especificado no apartado "O prezo inclúe"
Resume aproximado do itinerario:
- Sábado: Saída da Feira ás 08:00, con parada no camiño para comer
- Domingo: Ruta de sendeirismo
- Luns: paseo en catamarán polo Douro
A excursión non se realizará se non se inscriben un mínimo de 20 persoas.
Máis información sobre o parque natural
http://www.arribes.net/
www.corazondelasarribes.com
http://www.elpais.com/static/viajero/castillaleon/turismo-fluvial/los-arribes.html
http://www.revistaiberica.com/rutas_y_destinos/cl/arribes.htm
http://www.sayago.com/arribes/index.html
22 de abr. de 2010
Día da nai
Dia: Domingo 2 de Maio
Este ano, para celebrar que o día da nai cadra o Domingo 2 de maio, haberá un campionato de chave ás 16:30 para nais.
Todas aquelas nais socias ou parella de socio que pasen polo centro cultural esa tarde terán un pequeno agasallo por cortesía da asociación.
13 de abr. de 2010
Máis Información sobre a ruta de sendeirismo
A ruta de sendeirismo que se vai realizar o próximo 24 de Abril vai a ser a seguinte:
Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
E sobre todo os miradoiros sobre o Canón do Sil que son impresionantes O forno-sequeiro de Fondodevila, os muíños de Entreambosrios e Rabacallos e a destacar a arquitectura popular dos diferentes núcleos Rabacallos, Fondodevila, Sardela, Castro.
E o máis importante o Mosteiro de Santa Cristina unha xoia do románico do século XIII. da Ribeira Sacra
2 bucles de 8.480m. e de 10.000m.( unión 650m.)
A ruta que se vai facer vai ser só o bucle NORTE, cun total de 10,5 Km.
Recorda que o prazo para apuntarse remata o domingo 18 de Abril
Evento en Facebook: http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=110405048981564
PR-G 98: CANON DO SIL - SANTA CRISTINA
Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
E sobre todo os miradoiros sobre o Canón do Sil que son impresionantes O forno-sequeiro de Fondodevila, os muíños de Entreambosrios e Rabacallos e a destacar a arquitectura popular dos diferentes núcleos Rabacallos, Fondodevila, Sardela, Castro.
E o máis importante o Mosteiro de Santa Cristina unha xoia do románico do século XIII. da Ribeira Sacra
LONXITUDE DA RUTA:
Circular 17,1km.2 bucles de 8.480m. e de 10.000m.( unión 650m.)
A ruta que se vai facer vai ser só o bucle NORTE, cun total de 10,5 Km.
Recorda que o prazo para apuntarse remata o domingo 18 de Abril
Evento en Facebook: http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=110405048981564
Información extraída de http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/santacristina.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


