11 de maio de 2011

¿Xa recolleches o teu libro?

Recordatorio para os nosos socios máis remolóns:
A asociación cultural A Feira obsequia con un exemplar do libro Lembranzas da miña terra de Florencio Fernández a cada socio.

GRATIS

Pero hai que pasar a collelo polo centro cultural, non cho levamos á casa.


FERNÁNDEZ, Florencio. Lembranzas da miña terra. Ediciones Cardeñoso: Vigo, 2011. 103 p. ISBN: 978-84-8190-632-5



Este vídeo foi elaborado por Xan Penabella. Podedes atopar outros vídeos no blog salcedadocumental.blogspot.com.

16 de abr. de 2011

Sendeirismo a Leiro, Ourense


O próximo sábado 30 de Abril imos realizar a ruta de sendeirismo de Pena Corneira, no concello de Leiro, pertencente ás terras da baixa Limia, na provincia de Ourense.

Non hai que levar comida porque, coma sempre, tanto o almorzo coma o xantar corren a cargo da directiva.

A saída será ás 8 da mañá do centro cultural.

Recorda que o prazo para anotarse remata o 24 de Abril (Domingo de Pascua) e hai que pagar ó anotarse. Só podemos levar un autobús, así que cando se acaben as prazas non se admitirán máis inscricións.

Prezos:
  • Socio: 10 € (hai que ter o recibo de 2011 pagado)
  • Fillo de socio de 15 a 18 anos: 5 €
  • Fillo de socio de ata 14 anos: gratis
  • Non socio: 15 €
  • Fillo de socio maior de 18 anos non socio: 15 €

Información sobre a ruta:

Arquitectura tradicional / etnografía e naturalista
Partimos do Paseo Fluvial de Leiro, xunto a pasarela, para ascender ata Lebosende polo chamado Camiño Real compartido co PR-G 76.
En Paredes atopase a área etnográfica “Regato do Foxo” formada por 6 muiños e 30 hórreos. Dende eiquí, unha opción posible é acercarse a igrexa románica de San Tomé de Serantes do S. XII, unha das máis interesantes de toda Galiza.

Un singular paisaxe de vexetación autóctona conduce ata a área recreativa de Pena Corneira cos espectaculares “cornos” de granito que dan nome a esta formación e coa recoleta igrexa románica de Lamas. Dende eiquí, dúas derivacions acercanse ata a propia Pena Corneira e ao Mirador do Outeiral, ambos a máis de 600 m de altitude e con excelentes vistas sobre a comarca.

Lonxitude
A ruta principal ten 8,7 km. As derivacións alcanzan os 2,2 km entre ida e volta.
Puntos partida /chegada
Leiro / Parque Forestal de Pena Corneira.
Recorrido
Leiro, Lebosende, Paredes, Valboa e área recreativa de Pena Corneira.
Dificultade
Fácil.
Duración
Media. Depende do sentido no que se queira facer. De Leiro a Pena Corneira é ascendente polo que o sentido contrario simplifica a ruta bastante.
Conexions
Co PR-G 76.
Material
Calzado apropiado. A cantimplora é sempre recomendable, inda que neste caso existen varias fontes ao largo do itinerario.
Servicios
En Leiro.
M.I.D.E
Medio Medio
Itinerario Itinerario
Desplazamiento Desprazamento
Esfuerzo Esforzo

11 de abr. de 2011

Vídeo da presentación do libro de florencio

Ten gracia que despois de varios días editando a entrada anterior sobre o libro de Florencio, xusto o día despois de publicala no blog, encontro o vídeo da presentación, co ben que quedaría todo no mesmo artículo. Tamén xa é mala sorte.

Non sei cantos sodes conscientes do esforzo que conleva elaborar un pequeno arquivo fotográfico dixital coma o que temos na asociación cultural A Feira.
Supón moito tempo conseguindo fotografías, escaneándoas e organizándoas. Todo isto no tempo libre, mentres fas as tarefas propias do posto de secretario, tradúcese nun traballo intenso durante un longo periodo de tempo.
Por iso me resulta especialmente emotivo que, varios anos despois, Florencio se acordase de min na presentación do seu libro.




Este vídeo foi elaborado por Xan Penabella, e cheguei a el a través do seu blog salcedadocumental.blogspot.com  gracias a feixes de enlaces desde o facebook.

10 de abr. de 2011

"Lembranzas da Miña Terra", o libro de Florencio


O pasado 20 de Marzo realizouse no noso centro cultural a presentación do primeiro libro de Florencio Fernández: Lembranzas da miña terra, con grande asistencia de público e presencia das autoridades locais.

¿Que conta este libro?
Estamos ante unha selección de historias e acontecementos ocurridos ó longo dos anos nesta pequena porción do mundo que é o barrio da Feira, en Salceda de Caselas. Dende as orixes do noso ancestral entroido, pasando polos extintos ranchos e seráns ata as distintas agrupacións musicais que houbo no barrio. Tradicións que xa se perderon, extintas industrias e distintas obras comunais construídas a prestación persoal, salpicadas moitas veces con anécdotas propias do autor, que foi tamén testigo e actor principal de parte dos feitos narrados.
A prosa sinxela coa que está redactado fai que sexa un libro agradable de ler.

O libro é, en definitiva, unha moi boa maneira de ter, dunha forma ordenada, todas aquelas historias que nos contaban os nosos avós.

Lendo este libro, calquera persoa allea ó noso barrio pode facerse unha idea de por qué o noso lema é UNIÓN E TRABALLO.

Cada capítulo do libro conta con fotografías, moitas delas procedentes do arquivo fotográfico da asociación cultural A Feira. De xeito que esta obra axuda a engadir valor ó arquivo fotográfico da asociación,  que eu puxen moito empeño en poñer en marcha cando estaba na directiva. Porque non é o mesmo ver unha serie desordenada de fotos ca ter unha referencia do contexto no que se realizaron e coñecer a historia que hai detrás.

O libro consta de 103 páxinas repartidas en 31 capítulos:
  • A vila de Salceda de Caselas
  • Os antigos seráns
  • Como comezou o Entroido
  • Inicio do torreiro na Feira
  • O Entroido pasa para o torreiro da Feira
  • Os labregos nesta zona
  • A sementeira
  • Os muiños nesta zona
  • Noiteboa e ano vello
  • Rancho de reis e rancho de carnaval
  • Festa de Pascua e a tradición da cruz
  • Os Alambiques e como funcionan
  • Entroido nos anos da posguerra
  • Celebración dos santuarios en Salceda
  • Romaría de San Cibrán
  • A historia dos gaiteiros nesta zona
  • Os altofalantes no Entroido da Feira
  • As estradas do noso barrio
  • O entroido entre 1950 e 1955
  • Comezo do Casino e desenrolo do mesmo
  • 1965 comezan as obras do Teleclub
  • As empresas nas dependencias de Casa Antucho
  • Primeira empresa de transporte de viaxeiros na Feira
  • Inauguración do Teleclub
  • Creación e desenrolo da Orquesta Sur de Salceda
  • 1968 volve o Barreiro a competir nas festas de Carnaval
  • As escolas dos nenos e nenas da Feira e Barreiro
  • Traída da auga no barrio da Feira
  • Parque recreativo dos Agoeiros
  • A poza dos Agoeiros
  • Desenrolo no Centro Cultural da Feira

Tódolos socios da Asociación Cultural A Feira teñen á súa disposición un exemplar deste libro de forma gratuita. Se non recolleches o teu, podes pasar a collelo cando queiras polo teleclub. Se non eres socio e queres facerte con un exemplar, ponte en contacto co concello.

 Florencio adicou dous anos da súa vida a elaborar este libro, e tivo a grande xenerosidade de regalarnos ese esforzo ós seus veciños. Durante ese tempo ordenou e escribiu os seus recordos e completounos con numerosos testimonios alleos para finalmente compoñer o libro que hoxe temos ocasión de disfrutar.

Lembranzas da miña terra foi posible gracias ó esforzo altruista e desinteresado do autor, porque o libro non está á venda e polo tanto non lle supón ningún beneficio económico. Por iso todos teremos sempre unha deuda de gratitude con Florencio. A publicación puidose levar a cabo gracias á colaboración do Concello de Salceda, que subvencionou os gastos de edición.

Florencio, na súa modestia, comenta que "Eu non son escritor. Este libro podía telo feito calquera". Pode ser certo, pero sólo unha persoa tivo a pacencia, a determinación e as ganas de levar a cabo todo o traballo necesario, así que  GRACIAS, Florencio.


FERNÁNDEZ, Florencio. Lembranzas da miña terra. Ediciones Cardeñoso: Vigo, 2011. 103 p. ISBN: 978-84-8190-632-5


13 de mar. de 2011

Dia do pai 2011



DOMINGO 20 MARZO AS 16:30 H.

CAMPIONATO DE CHAVE E DE PETANCA PARA TODOS OS PAIS SOCIOS QUE SE ANIMEN, OS CALES RECIBIRÁN UN AGASALLO.


AS 18:00 H PRESENTACION DO LIBRO

Lembranzas da miña terra” escrito porFlorencio Fernández

Obsequiarase con un exemplar a cada socio.

¡¡¡ANÍMATE!!!

6 de mar. de 2011

A Feira en Directo por webcam


Coma tódolos anos, se non podes vir á Feira, podes seguir o carnaval en directo mediante a nosa cámara web:
http://entroidoafeira.axiscam.net:50000

5 de mar. de 2011

Historia do carnaval de Salceda


Nestas datas de entroido, convén facer un pouco de memoria, recordando as lonxanas orixes do noso carnaval, que ten as súas longas raíces afundidas no máis profundo da tradición secular nestas terras, na memoria dos ancestros dos habitantes deste pobo.
Patrimonio inmaterial feito de recordos, anécdotas e loitas dialécticas sin cuartel nin derramamento de sangue algún, pero encarnizadas coma as que máis, porque LEVÁMOLO NO SANCRE.
O carnaval é un sentimento que nos fai ser partícipes dun grupo de veciños unidos por unha ilusión común de conseguir as mellores festas, carrozas e comparsas. Que nos fai dar o mellor de cada un para acadar o obxectivo do triunfo sobre o rival.
O carnaval está con nós desde nenos. Pero moitos, moitos anos antes de nós nacer, o carnaval xa estaba aquí, nas historias que nos contaban os nosos avós, naquelas épicas batallas que nos narraban sobre clandestinas expionaxes nocturnas, sobre traxes de papel e carrozas montadas en bicicletas.
O carnaval forma parte de nós, pero tamén nos formamos parte del. Porque mentres nos queden forzas seguiremos adiante coa nosa tradición, aínda que só sexa por honrar a memoria dos nosos antepasados e seguir construindo as historias que lles contaremos ós nosos netos. E ver a súa cara de ilusión cando lles contemos aquelas vellas historias que estamos vivindo hoxe. Igualciño que cando os nosos avós no-las contaban a nós.

Dende o blog amigo OsDeSempre, recordemos como empezou todo, nunha época moi, moi lonxana:
http://osdesempresalceda.blogspot.com/2009/02/o-entroido-de-salceda-parte-1.html
http://osdesempresalceda.blogspot.com/2009/02/o-entroido-de-salceda-parte-2.html