20 de xan. de 2012

Asamblea xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o próximo Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21:00 en primeira comvocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Estado das obras actuais
  • Estado de contas
  • Obras realizadas e proxectos a realizar
  • Cambio de directiva: elección de presidente, tesoureiro e 3 vocais
  • rogos e preguntas

Prégase a asistencia de tódolos socios

1 de xan. de 2012

Cabalgata de Reis


O próximo 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de reis no recinto da A.C. A Feira, chegando as súas maxestades ás 7 da tarde.

Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.

Para finalizar haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.

7 de dec. de 2011

Playbacks de Reis

Todos aqueles interesados en participar nos play-backs da véspera de Reis pódense apuntar na lista que hai no tablón de anuncios do centro cultural.
O último día para anotarse é o domingo 11 de decembro.

29 de out. de 2011

42 ciclo cultural

Un ano máis, coa chegada do frío, chega tamén unha nova edición do ciclo cultural na Feira.
Este ano contamos con actividades inéditas, sen deixar de lado os actuacións de todos tipos.

Durante todo o ciclo cultural terá lugar a 2ª exposición de esculturas de raíces realizadas por José Blanco, e coma sempre teremos distintos campeonatos que terán lugar durante todo o ciclo cultural.



Clases de Aerobic


Proximamente imos ter unha nova actividade no centro cultural: clases de aerobic.

Será os martes e xoves ás 21:30

Os prezos son 15€ socios 18€ non socios.

Para apuntarse poñerse en contacto coa directiva

30 de set. de 2011

2ª Festa do Corzo


Despois do grande éxito do ano pasado, volvemos a ter unha nova edición da festa gastronómica do corzo.

LUGAR: Torreiro de festas da Concepción, Salceda
DATA: 9 de Outubro, a partir das 10 da mañán

O menú inclúe corzo con guarnición, pan e viño.

E se chove, podes vir igual, que imos ter CARPA.

23 de set. de 2011

Fotos da excursión a Portugal

A fin de semana do 10 e 11 de setembro fixemos unha excursión a Portugal, visitando lugares coma Alcobaça, Nazaré, Óbidos, Buda Edhen, etc.

Aquí van algunhas fotos como recordo da visita:

FOTO DE GRUPO
O mosteiro de Alcobaça. Vista dende o hotel.


Dentro da cheminea do mosteiro de Alcobaça




A praia de Nazaré

O mercado de peixe secado ó sol en Nazaré




Paseando polas rúas de Óbidos





O Budha Eden