6 de set. de 2012

Clases de aerobic


A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de aerobic e mantemento corporal.

Días: MARTES E XOVES ÁS 22:00

Prezos: Socios 15 € por mes
            Non socios 20 € por mes

Importante: anotarse no centro cultural

As clases darán comenzo o martes 18 de setembro

Imprescindible traer roupa cómoda e esterilla.

29 de ago. de 2012

Excursión a Salamanca

EXCURSIÓN PARA MAIORES DE 18 ANOS


Praza Maior de Salamanca


Ciudad Rodrigo
Alba de Tormes

Data:  15 e 16 de Setembro

Visitas:
  • Salamanca
  • Ciudad Rodrigo
  • Alba de Tormes 
  • Zamora

Itinerario:

Sábado: Saída e visita a Alba de Tormes. Comida. Visita a Salamanca, cena no hotel
Domingo: Desaiuno e saída cara Ciudad Rodrigo. Comida. Volta pa casa con parada en Zamora


A excursión sólo se realizará si se xunta o mínimo de persoas necesario para levala a cabo.

Prezos:
Socios 115 €
Non Socios 145 €

O prezo inclúe viaxe en autocar, pensión completa, guía acompañante e seguro de viaxe.


Inscrición:  ata o 2 de setembro no centro cultural. Prégase pagar ó anotarse.


22 de xul. de 2012

Campionato de Volei-Praia


Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
Este ano o campionato comenzará o 1 de Agosto. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 27 de Xullo.
  •  Non se aprazarán partidos
O día 28 de xullo realizarase o sorteo de partidos e publicarase o calendario dos mesmos.


28 de xuño de 2012

Comida do socio 2012


Un ano máis chega o momento de celebrar a unión de tódolos habitantes do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 8 de xullo nos agoeiros.

ACTIVIDADES:

11:00  parva: augardente con figos para todos os maiores de idade presentes
12:00  partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as.
14:00  comida
17:00   xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha…



MENÚ:
  • carne ó caldeiro
  • pan
  • viño
  • café
  • postre.

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 14 a 18 anos 8 euros
fillos de socios de 10 a 14 anos 4 euros
fillos de socios menores de 10 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    16 euros
non socios menores de 14 anos 8 euros

prazo de inscripción: ata o 2 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse


    21 de xuño de 2012

    Fogueira de San Xoán



    O próximo Sábado 23 de Xuño a partir das 22:30 imos celebrar a xa tradicional fogueira de San Xoán.

    Haberá sardiñada acompañada de pan. O viño hai que traelo da casa.

    Os non socios deberán pagar 3 € e traer viño.

    9 de xuño de 2012

    Clases de gaita e baile galego


    Imos tentar levar a cabo no centro cultural clases de gaita e baile galego, sempre que se xunte o número mínimo de persoas necesarias para levar a cabo ditas actividaes.


    Clases de Baile:
    • Mínimo 16 persoas
    • 1 clase á semana, día a determinar
    • Prezo aproximado: 10€/mes por persoa

    Clases de Gaita:
    • Mínimo 10 persoas
    • 1 clase á semana, día a determinar
    • Prezo aproximado: 10€/mes por persoa
    Inscrición no tabloleiro de anuncios do centro cultural ata o día 30 de xuño

    2 de xuño de 2012

    Excursión para nenos ó aquapark de Cerceda








    O próximo sábado 30 de xuño faremos a exursión para nenos, que este ano será ó parque acuático de Cerceda

    A saída será do torreiro do centro cultura ás 8:30 da mañán

    A idade máxima para asistir son 18 anos.

    O custe para fillos de socio é 7 € si tes o recibo de este ano pago.
    Para non socios son 12 €.
    O prezo da entrada vai incluido na excursión.
    Pagarase o día da excursión antes da saída.

    Para ir á excursión é necesaria unha autorización asinada polos pais ou titores.

    O prazo de inscrición remata o 24 de xuño.

    Para que a excursión se poida realizar é necesario que se inscriban un mínimo de 20 asistentes.

    Cada un deberá levar a súa comida, bañador e toalla.