26 de mar. de 2014

Éxito de público na celebración do día do pai

O pasado 23 de Marzo celebramos, coma tódolos anos, o día do pai.

Nesta ocasión os concursos de habilidade volveron a por a pacencia dos nosos socios a proba.













19 de feb. de 2014

Asamblea Xeral Extraordinaria

A directiva da Asociación Cultural A Feira convoca a tódolos/as socios/as á ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2014 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Renuncia ó cargo do presidente electo.
  • Amplialos anos para volver saír elixido de novo para algún cargo directivo
  • Aluger do galpón para comidas
  • Rogos e Preguntas
Dada a importancia dos temas a tratar solicitamos a asistencia de tódolos/as socios/as.

1 de feb. de 2014

Asamblea Xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o próximo Sábado 8 de Febreiro de 2012 ás 21:00 en primeira comvocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Estado de contas
  • Proposta de adquisición dun elevador salvaescaleiras
  • Obras realizadas e proxectos a realizar
  • Cambio de directiva: elección de presidente, tesoureiro e 3 vocais
  • Rogos e preguntas

Prégase a asistencia de tódolos socios

4 de xan. de 2014

Festa de reis e guateque


O próximo 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de reis no recinto da A.C. A Feira, chegando as súas maxestades ás 7 da tarde.

Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.

Para finalizar a cabalgata haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.

Xa á noite, a partir da 1:30 gran guateque no galpón con regalos, música, ...

Entrada gratis !

13 de dec. de 2013

Subasta da cantina


O próximo Domingo 22 de Decembro procederase á subasta da cantina do centro cultural.

Todos aqueles interesados poden consultar máis información sobre a subasta, así coma  unha copia do contrato no taboleiro de anuncios do centro cultural.

14 de nov. de 2013

Bingo 2014


O domingo 17 de novembro ás 19:30 empeza a temporada de Bingos na Feira.
A xogar...

26 de out. de 2013

Ciclo cultural 2013


Amodiño, amodiño vai chegando o inverno, e así como se acerca, anúncianos o Ciclo Cultural da Feira.

A programación de actos é a seguinte:


DATA HORA ACTIVIDADE
SÁBADO 2 NOVEMBRO 16:00  Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona
21:00  Magosto e degustación de productos típicos de outono
DOMINGO 3 NOVEMBRO 9:30  Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes
VENRES 9 NOVEMBRO 22:00  Charla e cata-degustación de viño ecolóxico Corisca
SÁBADO 9 NOVEMBRO 22:00  Grupo de teatro de Castro Barreiro.
"El conde de burra regresa de las cruzadas"
"O chourizo enmascarado"
"O Niceto e a Leoncia"
DOMINGO 10 NOVEMBRO 9:30 Sendeirismo polos penedos da zona, con parada para o almorzo.
VENRES 15 NOVEMBRO 22:00 Charla sobre apicultura
SÁBADO 16 NOVEMBRO 22:00  Osiris Teatro
"Old Saybrook" de Woody Alen
DOMINGO 17 NOVEMBRO 18:00  Banda de música xuvenil de Salceda
VENRES 22 NOVEMBRO22:00 Charla sobre a poda de frutais
SÁBADO 23 NOVEMBRO22:00 Grupo de teatro
DOMINGO 24 NOVEMBRO16:30 Xogos tradicionais, pintura de cara e hinchables para os nenos do barrio
17:30Presentación do libro de Suso Vaqueiro 
"Cando fun neno, retazos da memoria"
VENRES 29 NOVEMBRO 21:30  En busca do tesouro. Para maiores de 16 anos.
Para participar apuntarse en grupos de 4 a 6 participantes antes do día 23
SÁBADO 30 NOVEMBRO 21:00 Concurso de viños, doces e tortillas
21:30 Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural
22:00 Grupo de teatro de Alxén
"Pensión completa ou media pensión"


Vista aérea da Feira no ano 2005 - Arquivo Fotográfico A.C. A Feira