7 de xuño de 2015

Excursión para nenos


Sábado 20 de Xuño

Visitas:
  • Acuario do Grove
  • Illa da Toxa
  • Illa de Arousa
  • Museo da Salazón
Prezos:
  • FILLOS DE  SOCIOS ATA 16 ANOS:  GRATIS
  • PAIS SOCIOS 10 EUROS
  • FILLOS DE NON SOCIOS :  10 EUROS
  • PAIS NON SOCIOS 15 EUROS 
O prezo inclúe a viaxe a as entradas. Non inclúe comidas.

 PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O LUNS 15

26 de maio de 2015

Excursión a Lalín


Data: Sábado 30 de Maio

Visitas:
  • Fervenza do río Toxa
  • Mosteiro de Carboeiro
  • Paseo fluvial
  • Lalín
Inclúe Menú (2 pratos)

As prazas son limitadas a 2 autobuses.

Págase o día da viaxe.

Prezos:
   Adultos: 12 €
   Menores de 9 anos:  8  €


25 de abr. de 2015

Día da Nai




O próximo domingo día 3 de Maio, ás 17:00 celebraremos o día da nai.

Haberá un campionato de chave e xogos de habilidade

E como aliciente á participación haberá un detalle para tódalas nais socias que se acheguen polo centro.

22 de xan. de 2015

Asamblea Ordinaria

Convócase a tódolos/as socios/as á asamblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o Sábado 31 de Xaneiro de 2015 ás 21:30 en 1ª convocatoria e ás 22:00 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Estado de contas.
  • Proposta de arranxo do tellado.
  • Revisión cuota WIFI.
  • Proposta de que as parellas de socios poidan ser socios pagando unha cuota mínima.
  • Aceptacón da xestión dos terrreos da Asociaciónde Veciños á Asociación Cultural A Feira.
  • Obras realizadas e proxectos a realizar.
  • Cambio de directiva: secretaria e 3 vocais.
  • Baixas e altas de socios.
  • Rogos e preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, solicitamos a asistencia de tódolos/as socios/as.


30 de dec. de 2014

Curso de Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais


Data: os mércores de 16:00 a 19:00
Data de inicio: 23 de Xaneiro

Para mulleres maiores de 18 anos, tanto socias como non socias

Prezo: 6 €

Para poder facer a actividade precísase un mínimo de 15 mulleres.


As interesadas deberán anotarse no centro cultural.


24 de nov. de 2014

Lotería de Nadal: 39098

Temos participacións de 5 € do número 39098 para a lotería de nadal.
Se che interesa compartir a sorte, ponte en contacto coa directiva.

21 de nov. de 2014

Obradoiros, teatro e diversión para nenos

As actividades que temos esta próxima fin de semana:

Venres 21 de novembro 20:00 2º obradoiro de elaboración de centros de nadal
Sábado 22 de novembro 22:00 Grupo de teatro do centro cultural de Castro Barreiro. Obra: "Os tres grandes sinvergüenzas"
Domingo 23 de novembro 16:30 Hinchables para os nenos do barrio. Gratuito para fillos de socios. Fillos de non socios: 5 €
17:30 Mago Fran