30 de xan. de 2009

Creación base de datos con enderezos electrónicos

Pretendemos crear unha base de datos cos enderezos electrónicos de tódolos socios/as que queiran colaborar con esta iniciativa.O obxectivo e axilizar e facilitar o traballo de comunicación dos actos, actividades, avisos...que teña que realizar a directiva. Eliminaremos a comunicación vía carta, que se fixo ata agora, pasando a facelo vía correo electrónico, (só dos socios/as que nos autoricen a facelo).
Pedimos pois a vosa colaboración para empezar con esta tarefa e con tódalas que vaiamos facendo ó longo do ano.

un saúdo da Directiva 2009, e a disfrutar dos preparativos do entroido.

Recibo de Socio

AVISO
A Directiva da A.C. A Feira, comunícalle que o prazo para efectuar o pago do recibo de socio correspondente ó ano 2009, remata o vindeiro día 31 de marzo. De non realizarse o pago antes desta data o prezo do recibo verase incrementado nun 20%, tal e como está indicado nos estatutos da asociación.

PREZO 25€ SIN RECARGO
PREZO 30€ CON RECARGO

un cordial saúdo da directiva 2009.

19 de xan. de 2009

Nova directiva

Despois da asamblea do pasado 10 de xaneiro, os cambios na directiva son os seguintes:

Secretario: Mª Luz Troncoso
Vocal: Julio Caballero
Vocal: Alberto Rodríguez
Vocal: Rocío Pereira

28 de dec. de 2008

Asamblea Xeral Ordinaria

O próximo SÁBADO 10 DE XANEIRO de 2009 celebrarase no salón de actos do centro cultural a asamblea xeral ordinaria.

hora: 21:30 1ª Convocatoria, 22:00 2ª Convocatoria

Orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  2. Estado actual de obras
  3. Estado de contas
  4. Obras realizadas e proxectos a realizar
  5. Cambio de directiva: reelección de SECRETARIO e 3 VOCAIS
  6. Rogos e preguntas

20 de nov. de 2008

Proxección de videos das excursións (Esgos e Lisboa)

Este Venres día 21 de Novembro no salón de actos do Centro Cutural, proxectaranse os videos do sendeirismo a Esgos (Ourense) e da excursión a Lisboa. Será a partir das 21:30 h.