19 de maio de 2009

PROGRAMACION XUÑO

A directiva 2009 ten programado para o mes de xuño os seguintes actos:

Sábado 13 ás 22.30 horas representación de monólogos, pola aula de teatro do concello de Salceda de Caselas, baixo o título "Pinchos picantes", non permitada a entrada a menores de 13 anos.
Martes 23 con motivo da celebración da noite de San Xoan, fogueira e sardiñada gratis para os socios.

16 de abr. de 2009

DIA DA NAI

Con motivo do Día da Nai, o vindeiro día 3 de maio,
queremos convidar a tódalas nais socias a disfrutar
dunha tarde de xogos no Centro Cultural.
Entregarémoslle a cada nai un agasallo.
Directiva 2009

19 de mar. de 2009

ASAMBLEA ORDINARIA ASOCIACION VECIÑOS DA ESCOLA DA FEIRA

Sábado 21 de marzo 2009, no salón de actos da Asociación Cultural a Feira, vaise a celebrar a asamblea xeral ordinaria da Asociación veciños da Escola da Feira. A primeira convocatoria está prevista para as 21.30 horas e a segunda convocatoria para as 22.00 horas. Ante a
importancia dos temas a tratar, rogamos a máxima asistencia dos socios constituintes desta asociación.
Orde do día:
-obras a realizar no terreo anexo á Asociación cultural
-aumentar a lista de socios co fin de recaudar fondos para obrar.

10 de mar. de 2009

DIA DO PAI (19 MARZO)

Convidamos a tódolos pais socios, a pasar unha tarde de lecer
apartir das 16.00 h. na Asociación cultural.
Entregarase un agasallo a cada pai.
A directiva 2009

22 de feb. de 2009

CONCURSO DISFRACES

Convidamos a tódolos/as nenos/as a participar no concurso de disfraces que se vai a celebrar o luns de carnaval no torreiro de festas. A hora prevista para empezar, é as sete da tarde. O xurado elixirá ós tres mellores disfraces que serán premiados cun agasallo.

Que disfrutedes deste entroido.
A Directiva 2009.

7 de feb. de 2009

TRANSFERENCIA RECIBO SOCIOS/AS

Informámoslle que se pode pagar o recibo de socio/a através de transferencia bancaria, os interesados/as en formalizar o pago deste xeito, poden solicitar o número da conta corrente da Asociación ós membros da Directiva.
Indicar tamén que os gastos que teña a transferencia serán a cargo do socio/a.
A Directiva 2009.

Aviso Usuarios/as Wifi


Aviso
A Directiva da A.C. A FEIRA, comunícalle ós usuarios/as da Wifi que o prazo para efectuar o pago do recibo correspondente ó ano 2009, remata o vindeiro día 31 de Marzo.

COTA ANUAL 30 €

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo da Directiva da A.C. A FEIRA.
DIRECTIVA 2009