4 de abr. de 2010

Sendeirismo ó canón do Sil



A Asociación Cultural A Feira organiza unha ruta de sendeirismo polo canón do río Sil con transporte en autocar, almorzo e xantar incluídos no prezo.

Data: Sábado 24 de Abril de 2010
Hora: Saída ás 08:00 do Centro Cultural

O  prazo de inscripción remata o 18 de Abril. É imprescindible pagar ó anotarse. O número de prazas é limitado, non aceptándose máis inscricións unha vez completado o aforo do autobús.

Hai que ter o recibo de socio pago para poder ir.

Prezos:
socio8 €
fillo de socio maior de 18 anos15 €
fillo de socio de 15 a 18 anos4 €
fillo de socio de ata 14 anosgratis
non socio15 €

29 de mar. de 2010

Asamblea Extraordinaria

Convócase Asamblea Extraordinaria da Asociación Cultural A Feira para o próximo 10 de Abril de 2010 no salón de actos do centro, ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  • Elección de PRESIDENTE, por dimisión do presidente actual.
  • Ampliación e mantemento da rede WIFI.

 Dada a importancia dos temas a tratar, prégase a asistencia de tódolos socios.

16 de mar. de 2010

VENRES 19 DE MARZO (DÍA DO PAI)

Convidamos a tódolos pais socios, a pasar unha tarde de lecer
apartir das 16.30 h. na Asociación cultural.
Entregarase un agasallo a cada pai.

A directiva 2010

9 de mar. de 2010

Fin do prazo para pagar o recibo de socio


¡RECORDA!
O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagar o recibo de socio correspondente ó ano 2010.
As aportacións dos socios son imprescindibles para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano.
Aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de dita data terán que afrontar un recargo do 20% no prezo.

15 de feb. de 2010

O entroido da Feira en Directo

Xa temos, coma tódolos anos, cámara web no torreiro de festas da Feira, para que poidas ver o noso entroido en directo as 24 horas.

Cámara web

13 de feb. de 2010

Programa das festas de entroido 2010 na Feira

Este ano, as festas de entroido da Feira, dentro do estándar de calidade ó que estamos acostumados, contan coas seguintes actuacións:

Luns 15 de Febreiro:  Tekila e Master

Martes 16 de Febreiro: Aché e Olympus






 

11 de feb. de 2010

Carnaval 2010

Coma tódolos anos chegadas estas datas,  volven as Grandes Festas de Carnaval da Feira.
O luns grandes concursos de disfraces infantil e de adultos
O martes, as carrozas e comparsa do barrio da Feira amosará a tódolos presentes da praza do concello de Salceda o froito do duro traballo dos veciños do barrio durante os meses previos.