O próximo 14 de Xuño faremos unha excursión ó parque eólico experimental de Sotavento, na serra da loba (A Coruña)
Prezos para socios: 15 € adultos, gratis para fillos de socio menores de 18 anos.
Prezos para non socios: 20 € adultos, 15 € nenos.
Os nenos menores de 5 anos deben ir acompapados dun adulto.
Prazas limitadas a 2 autobuses
Data límite para anotarse: 8 de xuño
Cada un debe levar a súa propia comida.
23 de maio de 2014
13 de maio de 2014
Andaina a San Cibrán
A Asociación Xuvenil Entroido organiza unha subida a San Cibrán tradicional a pé.
Cando: O día de San Cibrán, Domingo 25 de Maio
10:00 Saída do centro cultural
12:00 Parada a almorzar unha peza de Froita
14:00 Chegada a San Cibrán.
14:30 Comida campestre con tortilla, empanada, bocata de xamón asado, auga, viño, café e postre.
Prezo: Se tes 13 anos ou máis: 10 €
Ata 12 anos: 5 €
Inscricións ata o 18 de maio na cantina do centro cultural e na tenda de Mitos.
Cando: O día de San Cibrán, Domingo 25 de Maio
10:00 Saída do centro cultural
12:00 Parada a almorzar unha peza de Froita
14:00 Chegada a San Cibrán.
14:30 Comida campestre con tortilla, empanada, bocata de xamón asado, auga, viño, café e postre.
Prezo: Se tes 13 anos ou máis: 10 €
Ata 12 anos: 5 €
Inscricións ata o 18 de maio na cantina do centro cultural e na tenda de Mitos.
8 de maio de 2014
Clases de gaita galega
Ábrese o prazo de inscricición para as clases de gaita galega.
Todos os niveis:
- Principiante
- Intermedio
- Perfeccionamento
As clases serán os mércores ás 22:00
Prezos: Socios 12 €/mes. Non socios 17 €/mes
IMPORTANTE: Apuntarse no centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.
2 de maio de 2014
Día da Nai
O próximo domingo día 4 de maio, ás 17:00 celebraremos o día da nai.
Haberá un campionato de chave e xogos de habilidade para tódalas nais socias que desexen participar.
Tamén haberá campionato de petanca para todos aqueles/as que queiran participar.
E como aliciente á participación haberá un detalle para tódalas nais socias que se acheguen polo centro.
25 de abr. de 2014
Sendeirismo Cangas
O próximo DOMINGO 11 de Maio faremos unha ruta de sendeirismo por CANGAS DO MORRAZO
Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús
O prazo de inscrición remata o domingo 24 de ABRIL
PREZOS:
Socios co recibo de 2016 pagado 10 €
Fillos de socios menores de 14 anos 5 €
Non socios 20 €
Non socios menores de 14 anos 15 €
O prezo inclúe almorzo ( auga e bocadillo) e xantar en restaurante.
Importante levar protección solar e gorra.
A ruta consta de aproximadamente 9 km de dificultade media-alta
con posibilidade de facer un tramo sinxelo para persoas maiores, carros...
26 de mar. de 2014
Éxito de público na celebración do día do pai
O pasado 23 de Marzo celebramos, coma tódolos anos, o día do pai.
Nesta ocasión os concursos de habilidade volveron a por a pacencia dos nosos socios a proba.
Nesta ocasión os concursos de habilidade volveron a por a pacencia dos nosos socios a proba.
19 de feb. de 2014
Asamblea Xeral Extraordinaria
A directiva da Asociación Cultural A Feira convoca a tódolos/as socios/as á ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2014 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Renuncia ó cargo do presidente electo.
- Amplialos anos para volver saír elixido de novo para algún cargo directivo
- Aluger do galpón para comidas
- Rogos e Preguntas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










