20 de xul. de 2010

Fotos do sendeirismo a parada de Sil

O pasado 24 de Abril realizouse a excursión de sendeirismo deste ano da Asociación Cultural A Feira ó concello ourensano de Parada de Sil. Trátase dunha ruta de dificultade media tirando a alta, con fermosas paisaxes e pronunciadas pendentes, non apta para persoas con problemas de mobilidade.

Nestas fotos pódese apreciar un resume da ruta e a espectacularidade das paisaxes, incluído o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Podes pulsar sobre as fotos para velas en GRANDE.


 


Unha paradiña para o almorzo

Seica as mazáns estaban un pouco ácidas....



Colón sinalando a ruta ás Américas
 

Unha das baixadas en Zig-Zag ata chegar casi ó río Sil

Miña nai querida... ¿como subistes aí ?


A mona arborícora é unha especie foránea nestas terras ourensanas, introducida no século XXI ;-)