31 de ago. de 2013
Excursión para maiores de 18 anos a Portugal
Data: 28 e 29 de Setembro do 2013
Destino: NORTE DE PORTUGAL: Amarante, Peso da Regua, Lamego, Vila Real.
Prezo: socios 105 €, non socios 130 €
O prezo inclúe viaxe en autocar, pensión completa, seguro de viaxe, guía acompañante e unha viaxe en barco.
O prazo de inscrición remata o 15 de setembro. Pagar ó anotarse.
Aerobic e mantemento corporal
A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de aerobic e mantemento corporal.
Días: Martes e xoves ás 22:00
Prezo: Socios 15 €/mes, Non socios 20 €/mes
IMPORTANTE anotarse no tabloleiro de anuncios do centro cultural para saber si reunimos o grupo mínimo.
As clases darán comenzo o martes 17 de setembro
Imprescindible traer roupa cómoda e unha esterilla.
Clases de gaita
A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de gaita galega.
Non se requiren coñecementos previos. Nivel principiante.
As clases serán os mércores ás 22:00
Prezos: Socios 12,5 €/mes. Non socios 17,5 €/mes
As clases comenzarán o mércores 4 de setembro
Apúntate na lista que hai no taboleiro do centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.
17 de ago. de 2013
Ano 2003: a excursión a Somiedo
Era un experimento que a asociación xuvenil non fixera nunca: xuntar un grupo de mozos e ir de excursión durante unha fin de semana enteira. Destino: a montaña asturiana.
Pero había poucos cartos, así que a solución pasaba por 2 novidades: transporte en coches particulares e durmida en albergue.
¿Funcionou o experimento? Pois calquera dos que estivemos alí pódevos confirmar que si. Foi unha agradable experiencia de convivencia coa natureza, reencontro co folklore e práctica deportiva, a base de rappel e sendeirismo extremo (malditos 100 metros).
E como mostra do bo ambiente e agradables momentos vividos nese intercambio de culturas galaico-astures van unhas cantas fotos para que a nostalxia nos recorde o agradable que resulta compartir momentos de lecer entre amigos.
Unha paradiña pa almorzar |
Cuidado, Obstáculos na calzada |
Chegada ó albergue de Saliencia |
Deporte extremo: rappel en fachada de albergue |
OS DE SEMPRE en plena actuación |
Para rematar ben o día: queimada galega |
Os famosos 100 metros.
O segundo día foi o día do sendeirismo polos lagos de Saliencia. Xa íbamos cansados de todo un día de camiñata cando o guía nos propuxo que, se subiamos un pouco máis montaña arriba, poderíamos contemplar unhas bonitas paisaxes. ¿E queda moi lonxe? - A cien metros.Media hora despois... ¿falta moito? - Unos cien metros por terreno llano.
Logo dunha intensa camiñada na que houbo que parar a descansar varias veces, por unha subida de que me leve Zeus se non parecemos cabras ... ¿Pero aínda está moi lonxe? - No, quedan unos cien metros.
Despois de recorrer MOITOS tramos de 100 metros subindo pendentes porriba das pedras, ó fin de tanto esforzo, unha paixase que fai que todo ese esforzo pague a pena: Lago del Valle, e ó lado o pobo, chamado Valle del Lago.
Aínda hoxe, ó carón do lume da estufa do teleclúb, nas noites de treboada no inverno, se escoitan lendas e historias sobre aquela viaxe que un grupo de mozos intrépidos realizaron naquela lonxana época na que aínda non sabiamos pronunciar a palabra crise. ¿Seremos quen de repetir algún dia aquela aventura?
Ruta de sendeirismo polos lagos de Saliencia |
A recuperar forzas despois da camiñata |
Pero.... ¿QUE....? |
O cociñeiro que fritía as patatas en grasa |
¿Que peza tocamos? A DE SEMPRE |
Etiquetas:
actividades,
asoc. xuvenil,
excursións,
gaita,
sendeirismo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)