27 de abr. de 2013
Sendeirismo a Castro Caldelas
O próximo DOMINGO 12 de Maio faremos unha ruta de sendeirismo por Castro Caldelas (Ourense)
Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús
O prezo inclúe almorzo e comida en restaurante.
O prazo de inscrición remata o domingo 5 de maio
AS PRAZAS SON LIMITADAS Ó NÚMERO DE ASIENTOS DO AUTOBÚS
PREZOS:
Socios (hai que ter o recibo de 2013 pagado) 8 €
Fillos de socios menores de 14 anos 5 €
Non socios 18 €
Non socios menores de 14 anos 15 €
25 de mar. de 2013
Recibo de Socio 2013
Recorda que hai que pagar o recibo de socio de este ano.
O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de esa data terán que afrontar un recargo do 20%.
As aportacións dos socios fan posible que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades culturais programadas ó longo do ano, que son moitas.
Se eres estudiante, temos unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa para non colaborar !
21 de mar. de 2013
Día do Pai

O próximo domingo 20 de marzo celebraremos o día do pai 2016 coas seguintes actividades.
- Campionato de chave
- Campionato de petanca
¡Anímate e participa!
4 de mar. de 2013
Melloras na rede Wifi
Xa está operativa a nova antena da rede Wifi na zona baixa da Paxariña para mellorar os problemas de conexión que había nesta zona.
É posible que algunhas zonas doutros barrios, dependendo da ubicación, teñan mellor cobertura con esta nova antena.
10 de xan. de 2013
Asamblea xeral Ordinaria
Convócase a tódolos socios á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no salón de actos do centro cultural o día Sábado 26 de xaneiro de 2013 ás 21:00 en primeira convocatoria e ás 21:30 h en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Estado de obras actuais.
- Estado de contas.
- Obras realizadas e proxectos a realizar.
- Cambio de directiva: saída e elección de Secretario/a e 3 Vocais.
- Rogos e Preguntas.
3 de xan. de 2013
Festa de Reis
Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.
Para finalizar haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.
2 de nov. de 2012
A construcción do espíritu de unión
A historia dos pobos non nace escrita nun libro. Constrúese a base de pequenas accións que, en conxunto, fan posibles logros imposibles de acadar de maneira individual.
Hoxe imos contar unha historia de colaboración entre persoas para acadar grandes retos, de cooperación en prol do ben común, de actos que fan posible legar ás xeracións futuras un mellor entorno.
Imos retroceder ós tempos da segunda república española, fai xusto 80 anos: 1932.
Naquela época había no centro da Feira unha carballeira cunha pendiente de para qué che vou a contar que resultaba pouco práctica como campo de festa ou esparcimento.
Foi gracias ó esforzo dos veciños, contando coa colaboración da emigración, especialmente dos residentes no Brasil, que se puido construir de forma cooperativa o actual torreiro da Feira.
A obra non só consistiu en levantar o muro, senón que tamén era necesario acarrexar terra para ir enchendo o torreiro.
A escaseza de diñeiro propia do mundo rural da época non iba a parar a xente voluntariosa no seu afán de levar a cabo unha obra que entendían necesaria para o barrio.
Así que, con grande esforzo, loitando contra a forza da gravidade con grandes bloques de pedra, demostraron unha vez máis por qué unión e traballo é o noso lema.
Cada veciño aportou desinteresadamente o seu carro, bois, vacas e o suor da súa frente para levar a cabo unha das maiores obras de enxeñaría que se recordan naquela época pola zona.
Pouco a pouco, carriño a carriño, viaxe a viaxe foise acarrexando desde a Breda toda a terra necesaria ata conseguir nivelar coa máis alta cota do barrio da Feira.
Finalizada a obra, aquelas xentes humildes deixaron un pequeno óco no muro polo que asomaba un pequeno carballo que, aínda a día de hoxe, vixila desde a súa privilexiada posición, no alto da Feira, que sigamos todos unidos e traballando xuntos polo ben do barrio.
A continuación unhas fotos inéditas do noso arquivo, que estarán dispoñibles na próxima edición, en canto haxa un volume suficiente de novas fotografías:
Con agradecemento a Florencio Fernández e Isabel Fernández, que aportaron moitas, novas e moi valiosas fotografías para o arquivo do centro.
Ti tamén podes colaborar a que coñezamos mellor a nosa historia aportando as túas fotos antigas. ANÍMATE, trae as túas fotos.
Hoxe imos contar unha historia de colaboración entre persoas para acadar grandes retos, de cooperación en prol do ben común, de actos que fan posible legar ás xeracións futuras un mellor entorno.
Imos retroceder ós tempos da segunda república española, fai xusto 80 anos: 1932.
Naquela época había no centro da Feira unha carballeira cunha pendiente de para qué che vou a contar que resultaba pouco práctica como campo de festa ou esparcimento.
Foi gracias ó esforzo dos veciños, contando coa colaboración da emigración, especialmente dos residentes no Brasil, que se puido construir de forma cooperativa o actual torreiro da Feira.
| A inscripción que se conserva no muro do torreiro |
A escaseza de diñeiro propia do mundo rural da época non iba a parar a xente voluntariosa no seu afán de levar a cabo unha obra que entendían necesaria para o barrio.
Así que, con grande esforzo, loitando contra a forza da gravidade con grandes bloques de pedra, demostraron unha vez máis por qué unión e traballo é o noso lema.
Cada veciño aportou desinteresadamente o seu carro, bois, vacas e o suor da súa frente para levar a cabo unha das maiores obras de enxeñaría que se recordan naquela época pola zona.
Pouco a pouco, carriño a carriño, viaxe a viaxe foise acarrexando desde a Breda toda a terra necesaria ata conseguir nivelar coa máis alta cota do barrio da Feira.
Finalizada a obra, aquelas xentes humildes deixaron un pequeno óco no muro polo que asomaba un pequeno carballo que, aínda a día de hoxe, vixila desde a súa privilexiada posición, no alto da Feira, que sigamos todos unidos e traballando xuntos polo ben do barrio.
| A placa do monolito recorda a colaboración da emigración |
![]() |
| Carros vaciando terra no torreiro- Ano 1932-Arquivo A.C. A Feira |
![]() |
| 1956- Monolito na súa ubicación orixinal |
A continuación unhas fotos inéditas do noso arquivo, que estarán dispoñibles na próxima edición, en canto haxa un volume suficiente de novas fotografías:
![]() |
| Monolito na súa ubicación orixinal |
![]() |
| 1932-Os carros vaciando terra no torreiro |
![]() |
| De celebración no novo torreiro |
![]() |
| O carballo de pequeno |
![]() | |||
| O torreiro da Feira, aínda sen o primeiro centro cultural | . |
Con agradecemento a Florencio Fernández e Isabel Fernández, que aportaron moitas, novas e moi valiosas fotografías para o arquivo do centro.
Ti tamén podes colaborar a que coñezamos mellor a nosa historia aportando as túas fotos antigas. ANÍMATE, trae as túas fotos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







