27 de ago. de 2024

Sendeirismo

 Sendeirismo á vía verde do Salnés (Vilagarcía de Arousa)



21 de ago. de 2024

Comida do Socio 2024

 

 

Este ano, para intentar que nadie poña de escusa a praia para deixar de acudir, movemos a festa para o mes de setembro. O domingo 22 faremos a comilona con lixeiros cambios nun menú que está resultando ben acollido polos socios nos últimos anos.

 Apúntate na cantina e acórdate de que hai que pagar ó apuntarse.

 Coma sempre, para participar hai que ter o recibo de socio de 2024 pagado.

11 de xuño de 2024

Fogueira de San Xoán

 O próximo sábado 22 de Xuño faremos a fogueira deste ano, xusto  un día antes da véspera de San Xoán.

Aproveitaremos a xornada para presentar a nova obra do noso grupo de teatro: Ratibróm

E na parte musical estaremos acomañados polo grupo de gaitas AIRIÑOS DO CASELAS.

Vinde comer unhas sardiñas e saltar a fogueira!

 



4 de xuño de 2024

Excursión dos Nenos a Marcelle Natureza

 


 

Este pasado domingo, os nenos da Asociación Cultural A Feira gozaron dunha emocionante excursión a Marcelle Naturaleza. Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, onde os máis pequenos puideron conectar co medio ambiente e descubrir  fauna local e foránea.


Un Parque para a Conservación e Educación Ambiental

Marcelle Naturaleza é un parque zoolóxico e centro de conservación que se atopa en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Este parque ten como finalidade a conservación de especies, tanto autóctonas como exóticas, e a educación ambiental. O obxectivo principal é promover a conciencia ecolóxica e o respecto pola biodiversidade a través de actividades educativas e recreativas.

Os animais que se atopan no parque inténtanse reintroducir no seu hábitat sempre que sexa posible, por iso cada visita é diferente xa que van cambiando os exemplares expostos. 

 

A xornada comezou  coa saída en autobús desde o centro cultural. A viaxe estivo marcada pola escasa capacidade de retención de líquidos das criaturas, xa que houbo que facer nada menos que tres paradas antes de chegar a destino. 



 

Unha vez en Marcelle, fomos recibidos polos guías, que nos ofreceron unha pequena introdución sobre o parque e as especies que iamos coñecer.

 

 
Pola mañán fixemos un percorrido pla zona da reserva, onde os nenos puideron ver animáis no seu hábitat natural: xabaríns, canguros enanos, lobos, etc. Mentres atendían ás explicacións dos guías 
 


 
 

 
Despois tocou a pausa para a comida, con ambiente distendido e intercambio de impresións.



 
Pola tarde visitamos a zona de visita libre, sempre coas explicacións dos guías.



 


O percorrido polo parque foi unha experiencia divertida. Os nenos tiveron a oportunidade de ver de preto animais como lobos, linces, cervos, avestruces, e moitos outros. A diversidade de especies presentes no parque permite aos visitantes coñecer a fauna de diferentes partes do mundo. Ademais, os nenos estiveron moi participativos, facendo moitas preguntas ós guías, que axudaron a concienciar aos pequenos sobre a importancia de coidar o medio ambiente.


Unha Xornada de Convivencia

Unha vez reamatada a visita, puxemos rumbo á Feira, facendo unha parada para a merenda, , onde os nenos repuxeron forzas e vaciaron as vexigas para evitar máis paradas no camiño de regreso.

A excursión a Marcelle Naturaleza foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora para todos os participantes. Actividades como esta reforzan o compromiso da Asociación Cultural A Feira coa educación ambiental e a promoción de actividades saudables ao aire libre para os máis pequenos.

Esperamos que todos os nenos levasen para casa moitos recordos felices e, sobre todo, unha maior conciencia sobre a importancia de protexer a nosa natureza. 

E se algo saliu mal, os responsables son esta panda:

 


Directiva 2024


13 de maio de 2024

Día da familia: Unha Xornada de Diversión Participativa


 

Este pasado domingo, na Asociación Cultural A Feira celebramos o Día da Familia nun ambiente de alegría e diversión para todos.  Con xogos populares, unha emocionante obra de teatro e agasallos para os socios.

Comezamos a xornada coa emoción palpable no aire mentres familias enteras se reunían no noso torreiro. 

 


Os xogos tradicionais como a silla ou  a chave e iniciaron a diversión, con risas e competencia amigábel en cada xogo. Os pequenos estiveron moi participativos, creando eses recordos que posteriormente lembrarán con nostalxia.




Logo, mergullámonos na obra de teatro "As Aventuras de Rata o Pirrata", representada pola compañía "Roto e Descosida". Esta vez, a actuación foi especialmente emocionante porque involucrou á audiencia. Os membros do público foron convidados a unirse á tripulación pirata e participar activamente na historia, o que engadiu unha nova capa de emoción e conexión co público, ainda que algún espectador non estivese moi colaborador ;-)


Despois de tanto entretemento, organizamos actividades para seguir disfrutando do día, incluído o xogo do pañuelo e o lanzamento de globos de auga, que foi un éxito entre os asistentes. O espírito de camaradería e diversión flotaba no aire polo que voaban os globos que pillaron despistado a máis de un.




 

E, para rematar, entregamos agasallos especiais aos nosos socios, agradecéndolles o seu apoio continuo e compromiso coa nosa asociación.

 



En resumo, o Día da Familia na Asociación Cultural A Feira foi unha celebración alegre, onde nos unimos como comunidade para compartir risas, emocións e momentos de conexión. Agardamos con ansias os próximos eventos onde poderemos seguir fortalecendo os nosos lazos como familia cultural.