13 de mar. de 2008

Renovando o centro cultural

Fai xa uns anos que o centro cultural precisaba duns amaños, así que recentemente procedeuse a realizar algunhas reformas necesarias:
  • Pintáronse as fachadas e o escudo.
  • Instalouse unha estufa de leña na cantina con saída de aire quente no salón de actos.
  • Ampliouse o escenario do salón de actos.
  • Instalouse un ordenador con acceso a Internet para uso dos socios.
  • Pintouse o salón de actos.

Proximamente fotos!

Wifi en marcha

Xa está instalado o servidor e a primeira antena da wifi. Esta primeira antena está no centro cultural.
De momento está todo en probas.

A seguinte fase vai ser facer medicións de alcance e buscar a mellor ubicación para as outras dúas antenas das que xa dispoñemos. De este modo ampliarase a cobertura ó maior alcance posible.

2 de feb. de 2008

webcam: o entroido 2008 en directo

pulsando no seguinte enlace podes acceder á cámara web situada no torreiro de festas da Feira:

http://entroidoafeira.axiscam.net:50000/view/index.shtml

29 de xan. de 2008

Nova Directiva

Na asamblea xeral ordinaria celebrada o pasado 26 de xaneiro, saíron elixidos os seguintes novos directivos:

Presidente: Joaquín Carracedo
Tesoureira: Nuria Fernández Iglesias
Vogal: Armando Fontán
Vogal: Andrés Veiga
Vogal: Manuel J. Rocha


10 de xan. de 2008

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

A directiva da asociación cultural A FEIRA convoca a tódolos socios á Asemblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 26 DE XANEIRO de 2008 ás 21:30 h en 1ª convocatoria e ás 22:00 h en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:

• Lectura e aprobación, si procede, da acta anterior.
• Instalación dunha rede Wifi.
• Estado de obras actuais.
• Estado de contas.
• Obras realizadas e proxectos a realizar.
• Cambio de directiva: saída e reelección de PRESIDENTE, TESOREIRO e 3 VOCAIS.
• Rogos e preguntas.

RECÓRDASE A TÓDOLOS SOCIOS QUE O PRAZO PARA EFECTUAR O PAGO DO RECIBO DE SOCIO CORRESPONDENTE O ANO 2008 REMATA O VINDEIRO 31 DE MARZO.

21 de dec. de 2007

Fotos excursión Girona




Todos aqueles mozos que asistiron á excursión a Tossa de Mar (Girona) e sacaron fotografías e queiran compartilas poden pasar polo centro a deixalas en calquera formato:
  • CD
  • DVD
  • Tarxeta de memoria
  • Memoria USB
  • Cámara + cable USB
  • Fotos en papel
Posteriormente farase un CD coas fotos de todos para todos os que queiran unha copia.

Subasta da cantina

O próximo 23 de decembro vaise celebrar a subasta da cantina para os anos 2008 e 2009.
Para coñecer os detalles consultar o tablón de anuncios do centro.