13 de dec. de 2013
Subasta da cantina
O próximo Domingo 22 de Decembro procederase á subasta da cantina do centro cultural.
Todos aqueles interesados poden consultar máis información sobre a subasta, así coma unha copia do contrato no taboleiro de anuncios do centro cultural.
14 de nov. de 2013
26 de out. de 2013
Ciclo cultural 2013
Amodiño, amodiño vai chegando o inverno, e así como se acerca, anúncianos o Ciclo Cultural da Feira.
A programación de actos é a seguinte:
DATA | HORA | ACTIVIDADE |
SÁBADO 2 NOVEMBRO | 16:00 | Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona |
21:00 | Magosto e degustación de productos típicos de outono | |
DOMINGO 3 NOVEMBRO | 9:30 | Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes |
VENRES 9 NOVEMBRO | 22:00 | Charla e cata-degustación de viño ecolóxico Corisca |
SÁBADO 9 NOVEMBRO | 22:00 | Grupo de teatro de Castro Barreiro. "El conde de burra regresa de las cruzadas" "O chourizo enmascarado" "O Niceto e a Leoncia" |
DOMINGO 10 NOVEMBRO | 9:30 | Sendeirismo polos penedos da zona, con parada para o almorzo. |
VENRES 15 NOVEMBRO | 22:00 | Charla sobre apicultura |
SÁBADO 16 NOVEMBRO | 22:00 | Osiris Teatro "Old Saybrook" de Woody Alen |
DOMINGO 17 NOVEMBRO | 18:00 | Banda de música xuvenil de Salceda |
VENRES 22 NOVEMBRO | 22:00 | Charla sobre a poda de frutais |
SÁBADO 23 NOVEMBRO | 22:00 | Grupo de teatro |
DOMINGO 24 NOVEMBRO | 16:30 | Xogos tradicionais, pintura de cara e hinchables para os nenos do barrio |
17:30 | Presentación do libro de Suso Vaqueiro "Cando fun neno, retazos da memoria" | |
VENRES 29 NOVEMBRO | 21:30 | En busca do tesouro. Para maiores de 16 anos. Para participar apuntarse en grupos de 4 a 6 participantes antes do día 23 |
SÁBADO 30 NOVEMBRO | 21:00 | Concurso de viños, doces e tortillas |
21:30 | Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural | |
22:00 | Grupo de teatro de Alxén "Pensión completa ou media pensión" |
Vista aérea da Feira no ano 2005 - Arquivo Fotográfico A.C. A Feira |
7 de set. de 2013
Taller de memoria
Dende o mes de outubro de 2013 ata febreiro de 2014 imos realizar un taller de memoria para socios maiores de 60 anos.
Será os mércores de 16:30 a 18:00
Prezo: 6€ por persoa
Inscrición ata o 22 de outubro no centro cultural
Para que a actividade se leve a cabo deben apuntarse un mínimo de 10 persoas.
6 de set. de 2013
Clases de percusión
A partir do mes de setembro realizarase no centro cultural A Feira un curso de percusión
Día: os venres ás 22:00
Prezo: para socios 12,5 € por mes, para non socios 17,5 € por mes
Importante anotarse no centro cultural para ver si reunimos o grupo mínimo
As clases darán comenzo o vindeiro 25 de setembro.
Día: os venres ás 22:00
Prezo: para socios 12,5 € por mes, para non socios 17,5 € por mes
Importante anotarse no centro cultural para ver si reunimos o grupo mínimo
As clases darán comenzo o vindeiro 25 de setembro.
curso de iniciación á informática
A partir do mes de outubro realizarase no centro cultural A Feira un curso de iniciación á informática e novas tecnoloxías.
DÍAS: Mércores de 20:30 a 22:00
As clases darán comenzo o mércores 3 de outubro
Apúntate no centro cultural.
31 de ago. de 2013
Excursión para maiores de 18 anos a Portugal
Data: 28 e 29 de Setembro do 2013
Destino: NORTE DE PORTUGAL: Amarante, Peso da Regua, Lamego, Vila Real.
Prezo: socios 105 €, non socios 130 €
O prezo inclúe viaxe en autocar, pensión completa, seguro de viaxe, guía acompañante e unha viaxe en barco.
O prazo de inscrición remata o 15 de setembro. Pagar ó anotarse.
Aerobic e mantemento corporal
A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de aerobic e mantemento corporal.
Días: Martes e xoves ás 22:00
Prezo: Socios 15 €/mes, Non socios 20 €/mes
IMPORTANTE anotarse no tabloleiro de anuncios do centro cultural para saber si reunimos o grupo mínimo.
As clases darán comenzo o martes 17 de setembro
Imprescindible traer roupa cómoda e unha esterilla.
Clases de gaita
A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de gaita galega.
Non se requiren coñecementos previos. Nivel principiante.
As clases serán os mércores ás 22:00
Prezos: Socios 12,5 €/mes. Non socios 17,5 €/mes
As clases comenzarán o mércores 4 de setembro
Apúntate na lista que hai no taboleiro do centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.
17 de ago. de 2013
Ano 2003: a excursión a Somiedo
Era un experimento que a asociación xuvenil non fixera nunca: xuntar un grupo de mozos e ir de excursión durante unha fin de semana enteira. Destino: a montaña asturiana.
Pero había poucos cartos, así que a solución pasaba por 2 novidades: transporte en coches particulares e durmida en albergue.
¿Funcionou o experimento? Pois calquera dos que estivemos alí pódevos confirmar que si. Foi unha agradable experiencia de convivencia coa natureza, reencontro co folklore e práctica deportiva, a base de rappel e sendeirismo extremo (malditos 100 metros).
E como mostra do bo ambiente e agradables momentos vividos nese intercambio de culturas galaico-astures van unhas cantas fotos para que a nostalxia nos recorde o agradable que resulta compartir momentos de lecer entre amigos.
Unha paradiña pa almorzar |
Cuidado, Obstáculos na calzada |
Chegada ó albergue de Saliencia |
Deporte extremo: rappel en fachada de albergue |
OS DE SEMPRE en plena actuación |
Para rematar ben o día: queimada galega |
Os famosos 100 metros.
O segundo día foi o día do sendeirismo polos lagos de Saliencia. Xa íbamos cansados de todo un día de camiñata cando o guía nos propuxo que, se subiamos un pouco máis montaña arriba, poderíamos contemplar unhas bonitas paisaxes. ¿E queda moi lonxe? - A cien metros.Media hora despois... ¿falta moito? - Unos cien metros por terreno llano.
Logo dunha intensa camiñada na que houbo que parar a descansar varias veces, por unha subida de que me leve Zeus se non parecemos cabras ... ¿Pero aínda está moi lonxe? - No, quedan unos cien metros.
Despois de recorrer MOITOS tramos de 100 metros subindo pendentes porriba das pedras, ó fin de tanto esforzo, unha paixase que fai que todo ese esforzo pague a pena: Lago del Valle, e ó lado o pobo, chamado Valle del Lago.
Aínda hoxe, ó carón do lume da estufa do teleclúb, nas noites de treboada no inverno, se escoitan lendas e historias sobre aquela viaxe que un grupo de mozos intrépidos realizaron naquela lonxana época na que aínda non sabiamos pronunciar a palabra crise. ¿Seremos quen de repetir algún dia aquela aventura?
Ruta de sendeirismo polos lagos de Saliencia |
A recuperar forzas despois da camiñata |
Pero.... ¿QUE....? |
O cociñeiro que fritía as patatas en grasa |
¿Que peza tocamos? A DE SEMPRE |
Etiquetas:
actividades,
asoc. xuvenil,
excursións,
gaita,
sendeirismo
19 de xul. de 2013
Campionato de volei sobre area
Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
Este ano o campionato comenzará o 29 de Xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
- Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
- Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
- Ser socio/a
- Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
- Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 21 de Xullo.
- Non se aprazarán partidos
HABERÁ PREMIO PARA OS GAÑADORES
28 de xuño de 2013
comida do socio 2013
Un ano máis chega o momento de celebrar a unión do barrio mediante a tradicional festa do socio.
Data e lugar: domingo 14 de xullo nos agoeiros.
ACTIVIDADES:
11:00 | parva: augardente con figos para todos os maiores de idade |
12:00 | partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as. |
14:00 | comida |
17:00 | xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha… |
MENÚ:
- churrasco con criollos
- pan
- viño
- café
- postre
PREZOS:
socios, e fillos de socios de 15 a 17 anos | 4 € |
fillos de socios menores de 14 anos | gratis |
non socios maiores de 14 anos | 15 € |
non socios menores de 14 anos | 8 € |
prazo de inscripción: ata o 7 de xullo na a.c. a feira.
condicións:
- ter o recibo de socio ó corrente.
- cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.
pagar no momento de anotarse
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)