20 de xul. de 2010

Fotos do sendeirismo a parada de Sil

O pasado 24 de Abril realizouse a excursión de sendeirismo deste ano da Asociación Cultural A Feira ó concello ourensano de Parada de Sil. Trátase dunha ruta de dificultade media tirando a alta, con fermosas paisaxes e pronunciadas pendentes, non apta para persoas con problemas de mobilidade.

Nestas fotos pódese apreciar un resume da ruta e a espectacularidade das paisaxes, incluído o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Podes pulsar sobre as fotos para velas en GRANDE.


 


Unha paradiña para o almorzo

Seica as mazáns estaban un pouco ácidas....



Colón sinalando a ruta ás Américas
 

Unha das baixadas en Zig-Zag ata chegar casi ó río Sil

Miña nai querida... ¿como subistes aí ?


A mona arborícora é unha especie foránea nestas terras ourensanas, introducida no século XXI ;-)


4 de xul. de 2010

Clases de baile galego para nenos


A asociación abre un prazo para que se anoten os nenos/as interesados en asistir a clases de baile tradicional galego.

Para impartir as clases precísase dun mínimo de asistentes. Según o número de apuntados informaremos ós interesados para dar máis detalles.

Para apuntarse: poñerse en contacto coa directiva.

3 de xul. de 2010

CALENDARIO PARTIDOS VOLEI-PRAIA

O luns 5 de Xlulo empeza o campionato de Volei-praia. O calendario de partidos é o seguinte:

LUNS 5 22:00  NON CHE INTERESA / JARABICHA TEAM
23:00  FRUITOPÍA / A CANTINA
MARTES 6 22:00  TRONCOSOS1 / CARLÍNS
23:00  A DIRECTIVA / RABUÑADORES
MERCORES 7 22:00  TRONCOSOS A / NON CHE INTERESA
23:00  JARABICHA / FRUTOPÍA
XOVES 8 22:00  RABUÑADORES / CHARLINS
23:00  TRONCOSOS 1 / A DIRECTIVA
VENRES 9 22:00  A CANTINA / TRONCOSOS A
23:00  NON CHE INTERESA / FRUTOPÍA



LUNS 12 22:00  TRONCOSO1 / RABUÑADORES
23:00  A DIRECTIVA / CHARLINS
MARTES 13 22:00  FRUTOPÍA / TRONCOSOS A
23:00  CANTINA / JARABICHA
MERCORES 14 22:00  NON CHE INTERESA / CANTINA
23:00  JARABICHA / TRONCOSOS A
XOVES 15 22:00  SEMIFINAL 1
23:00  SEMIFINAL 2
SÁBADO 17 22:00  FINAL

1 de xul. de 2010

cubalitro 2010

Un ano máis chega unha nova edición da festa do cubalitro.

Será o venres 16 de Xullo, e haberá actuacións, espectáculo, show e festa a rachar.



http://ocubalitro.blogspot.com

Apúntate ó evento en facebook:
http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=134459913244277

27 de xuño de 2010

Comida do socio


Un ano máis chega o momento de celebrar a unión de tódolos habitantes do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 11 de xullo nos agoeiros.

ACTIVIDADES:

11:00  parva: augardente con figos para todos os maiores de idade presentes
12:00  partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as.
14:00  comida
17:00   xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha…



MENÚ:
  • carne ó caldeiro
  • pan
  • viño
  • café
  • postre.

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 14 a 18 anos 8 euros
fillos de socios de 10 a 14 anos 4 euros
fillos de socios menores de 10 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    16 euros
non socios menores de 14 anos 8 euros

prazo de inscripción: ata o 8 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse


    21 de xuño de 2010

    Excursión para nenos CANCELADA


    Lamentablemente, o número de nenos inscritos para  a excursión ó parque natural de Marcelle programada para o próximo 26 de Xuño non alcanzou o mínimo necesario.

    Así que a excursión vai ser CANCELADA.

    19 de xuño de 2010

    Campionato de Volei-praia


    Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
    Este ano o campionato comenzará o 5 de xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
    • Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 7 integrantes.
    • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
      • Ser socio/a
      • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
    • Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 1 de Xullo.
    •  Non se aprazarán partidos
    O día 1 de xullo realizarase o sorteo de partidos e publicarase o calendario dos mesmos.