28 de feb. de 2011

Xa ven o carnaval


O domingo 27 de Febreiro  xa se subiu a bandeira ó carballo do torreiro de festas da FEIRA, así que, oficialmente, estamos en vésperas do Carnaval.

O ambiente cheira a festa, a mimosas, a orellas de carnaval e a rivalidade ancestral entre rivais.

Xa veremos quen é o mellor, prepárate Castriño...

19 de feb. de 2011

Calendario de Actividades 2011

Coma tódolos anos, adiantamosvos o calendario previsto de actividades para o ano 2011.

Estas datas son provisionais e poden sufrir cambios por imprevistos de última hora.



data actividade
7 de Marzo ENTROIDO: Concursos de disfraces para nenos e adultos
19 de Marzo Día do Pai: xogo de chave e petanca
16 de Abril Sendeirismo
1 de Maio Día da Nai: xogos varios
23 de Xuño Fogueira e Sardiñada de San Xoán
10 de Xullo Día do socio
23,24,25 de Xullo Excursión xuvenil
Xullo e Agosto Campionato de volei-praia
Setembro Excursión para maiores (de 18 anos)
5 de Outubro Comida para socios maiores de 50 anos
5 de Novembro a


26 de Novembro
Ciclo cultural 2011

14 de feb. de 2011

Pago Recibo Wifi


A directiva recórdavos que segundo o acordado en asamblea xeral, o prazo para pagar o recibo da wifi remata o próximo 31 de Marzo.

5 de feb. de 2011

Asamblea Extraordinaria


Convócase unha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo sábado 12 de Febreiro de 2011 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en segunda, para tratar a seguinte


ORDE DO DÍA:

  • Aclaración de dudas e solución de problemas da rede WIFI
  • Rogos e preguntas
Dada a importancia dos temas a tratar, prégase a asistencia de tódolos usuarios.

2 de feb. de 2011

Paga o teu recibo, socio.


Recordámosvos que están ó cobro os recibos correspondentes ó ano 2011.
O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de dita data terán que afrontar un recargo do 20% no prezo.

Lembra que as aportacións dos socios son imprescindibles para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano, que son moitas.


Se eres estudiante, recorda que hai unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa para non colaborar !

7 de xan. de 2011

Asamblea Xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no salón de actos do centro cultural o día 15 de xaneiro de 2011 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 h en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Estado de contas
  • Cambio de directiva: saída e elección de Secretario/a e 3 Vocais.
  • Rogos e Preguntas.

17 de nov. de 2010

Fin de semana de humor, teatro e deporte


Dentro do Ciclo Cultural que estamos levando a cabo durante todo o mes de novembro, esta fin de semana temos as seguintes actividades:
  • Venres: 21:30 Monólogos representados por veciños da Feira e o Barreiro.
  • Sábado: 21:30 Teatro do grupo O Coto de San Esteban de Budiño, coa obra Escola de Analfabetos
  • Domingo: 09:30 Sendeirismo con saída dende o centro cultural, percorrendo a senda do río Caselas completa, con parada para almorzar.

  

Fotos:
-O muiño da Laxe, extraída do blog Recendos dos camiños
-Grupo de teato O Coto de San Esteban de Budiño.