7 de out. de 2025
24 de set. de 2025
EXCURSIÓN EN FAMILIA 2025
O vindeiro DOMINGO 19 de Outubro, visitaremos o Museo arqueolóxico de Campo Lameiro e o Lago Castiñeiras.
Os interesados teñen que anotarse na cantina
Moitas gracias
COMIDA DO SOCIO 2025
O PASADO DOMINGO 14 DE SETEMBRO, CELEBRAMOS NOS AGOEIROS A TRADICIONAL COMIDA DO SOCIO.
CHURRASCO, VIÑO E MOITA MÚSICA PARA DISFRUTAR DUN DÍA ENTRE VECIÑOS.
ESPERAMOS QUE DISFRUTÁRADES MOITO DESTE DÍA DE CONVIVENCIA.
MOITAS GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR
6 de set. de 2025
RESUMO DO TORNEO DE VOLEI A FEIRA 2025
Por aquí vos deixamos un pequeno resumo do torneo de volei que disfutamos na Feira esta primeira semana de Setembro.
EQUIPO: OS TRONCOSOS
EQUIPO: A FEIRA
EQUIPO: OS DE ABAIXO
EQUIPO: AREEIROS
EQUIPO: OS ELEXIDOS (POR ERROR)
EQUIPO: OS ENDUREROS DA FEIRA
EQUIPO: OS RABUÑADORES
EQUIPO: JARABICHA TEAM
EQUIPO: A TELLEIRA
EQUIPO: PARCHIS
EQUIPO: A FONTEDAPEDRA
Unha semana de convivencia e deporte, que disfrutamos entre familiares e veciños.
NORABOA a OS TRONCOSOS gañadores do torneo!!!
30 de ago. de 2025
HORARIOS TORNEO VOLEI A FEIRA
O VINDEIRO MARTES 2 DE SETEMBRO, ARRANCA O TORNEO DE VOLEI.
Aquí vos deixamos os grupos de xogo e os horarios dos partidos.
Aproveitamos para agradecer a #Castipublicidade e a #Publamaldita a súa colaboración, coa donación da rede e os balóns para realizar o torneo.
Moita sorte a todos e... que gañe o mellor!
12 de ago. de 2025
TORNEO VOLEI 2025
ESTE ANO RETOMAMOS O TRADICIONAL TORNEO DE VOLEI PRAIA NA FEIRA!
ANÍMATE A PARTICIPAR
NORMAS TORNEO DE VOLEI A FEIRA ´25
Formato do equipo:
Cada equipo está composto por 5 xogadores/as en pista, dos/as cales 2 deberán ser socios/as.
A idade mínima será de 12 anos (nados no 2013)
Os equipos deben ser mixtos, garantindo sempre a presenza na pista de homes e mulleres de xeito equitativo (3+2 ou 2+3)
Os cambios realízanse no momento do saque, coa autorización do/a árbitro/a.
Regras do xogo:
Toques: Máximo 3 toques por equipo para devolver o balón (o bloqueo conta como un toque).
Ningún xogador/a pode tocar o balón dúas veces seguidas (excepto no bloqueo).
O balón debe pasar por riba da rede e caer dentro do campo rival para puntuar.
Non se permite tocar a rede nin interferir co equipo contrario.
O saque realízase detrás da liña de fondo (calquera tipo: abaixo, arriba ou en salto).
Sistema de puntuación:
Xógase ao mellor de 3 sets.
Os dous primeiros sets son a 11 puntos (mínimo 2 puntos de diferenza).
O terceiro set, se é necesario, é a 15 puntos (mínimo 2 puntos de diferenza).
Úsase o sistema de punto por xogada (cada acción puntúa, independentemente de quen saque).
Cada equipo sumará 3 puntos por partido gañado, 1 punto por partido perdido por 2 sets a 1, e 0 puntos por partido perdido por 2 sets a 0.
Saque e rotación:
Antes de cada partido realizaranse 2 sorteos: un para decidir o campo de xogo, e outro para decidir que equipo realiza o primeiro saque.
O equipo que gaña un punto saca na seguinte xogada.
Os/as xogadores/as rotan no sentido das agullas do reloxo ao recuperar o saque.
As posicións deben manterse ata que o balón se saque.
Faltas:
As faltas inclúen: tocar o balón dúas veces seguidas (excepto no bloqueo), reter o balón, toque dobre (excepto no saque), invadir o campo rival por baixo da rede.
Unha falta outorga o punto ao equipo contrario.
Tempo de descanso:
Descanso de 1 minuto entre sets (3 minutos antes do set decisivo).
Conduta:
Esíxese un comportamento deportivo.As condutas antideportivas poden resultar en advertencias, perda de puntos ou descualificación.
Criterios de desempate (en caso de empate a puntos):
(1) Diferenza de sets: Calcúlase a diferenza entre sets gañados e perdidos en todos os partidos do torneo.
(2) Diferenza de puntos: Calcúlase a diferenza entre puntos anotados e recibidos en todos os sets xogados.
Sorteo: Se persiste o empate, realízase un sorteo para determinar a clasificación.
BOA SORTE A TODOS OS EQUIPOS!!!
7 de ago. de 2025
COMIDA DO SOCIO 2025
O VINDEIRO DOMINGO 14 DE SETEMBRO, CELEBRAREMOS COMO CADA ANO A COMIDA DO SOCIO NOS AGOEIROS
ESTE ANO, RECUPERAMOS O MENÚ TRADICIONAL, CHURRASCO😋😋
¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
23 de xuño de 2025
🔥 SAN XOÁN 2025 🔥
✨️O sábado celebramos na Feira a noite de San Xoán✨️
Sardiñas🐟🐟, Pan de millo🥖🥖 e moita música acompañándonos nesta noite de lume 🔥🔥e tradición 🎉🎉🎉
![]() |
Turi, Lore e o Presi (o jefe da parrilla) |
![]() |
Lolo e Félix coa barriga chea |
![]() |
Veciños do barrio degustando as sardiñas |
![]() |
Xulia e Carlos, á espera dun bo vaso de viño |
Ademáis, contamos coa actuación do Grupo de Gaitas Airiños do Caselas 🎼🎵🎶, e a gran posta en escea da nosa nova agrupación gaiteira, o Grupo de Gaitas da Asociación Cultural A Feira🥁🥁
Gracias a Yoli pola súa dedicación estes meses, a actuación foi todo un éxito!!!!
![]() |
Grupo de Gaitas e Percusión da A.C. A FEIRA |
![]() |
Sabela iniciando a súa carreira musical |