2 de xuño de 2012

Excursión para nenos ó aquapark de Cerceda








O próximo sábado 30 de xuño faremos a exursión para nenos, que este ano será ó parque acuático de Cerceda

A saída será do torreiro do centro cultura ás 8:30 da mañán

A idade máxima para asistir son 18 anos.

O custe para fillos de socio é 7 € si tes o recibo de este ano pago.
Para non socios son 12 €.
O prezo da entrada vai incluido na excursión.
Pagarase o día da excursión antes da saída.

Para ir á excursión é necesaria unha autorización asinada polos pais ou titores.

O prazo de inscrición remata o 24 de xuño.

Para que a excursión se poida realizar é necesario que se inscriban un mínimo de 20 asistentes.

Cada un deberá levar a súa comida, bañador e toalla.