02/11/2012

A construcción do espíritu de unión

A historia dos pobos non nace escrita nun libro. Constrúese a base de pequenas accións que, en conxunto, fan posibles logros imposibles de acadar de maneira individual.

Hoxe imos contar unha historia de colaboración entre persoas para acadar grandes retos, de cooperación en prol do ben común, de actos que fan posible legar ás xeracións futuras un mellor entorno.

Imos retroceder ós tempos da segunda república española, fai xusto 80 anos: 1932.

Naquela época había no centro da Feira unha carballeira cunha pendiente de para qué che vou a contar que resultaba pouco práctica como campo de festa ou esparcimento.

Foi gracias ó esforzo dos veciños, contando coa colaboración da emigración, especialmente dos residentes no Brasil, que se puido construir de forma cooperativa o actual torreiro da Feira.

A inscripción que se conserva no muro do torreiro
A obra non só consistiu en levantar o muro, senón que tamén era necesario acarrexar terra para ir enchendo o torreiro.
A escaseza de diñeiro propia do mundo rural da época non iba a parar a xente voluntariosa no seu afán de levar a cabo unha obra que entendían necesaria para o barrio.
Así que, con grande esforzo, loitando contra a forza da gravidade con grandes bloques de pedra, demostraron unha vez máis por qué  unión e traballo é o noso lema.
Cada veciño aportou desinteresadamente o seu carro, bois, vacas e o suor da súa frente para levar a cabo unha das maiores obras de enxeñaría que se recordan naquela  época pola zona.
Pouco a pouco, carriño a carriño, viaxe a viaxe foise acarrexando desde a Breda toda a terra necesaria ata conseguir nivelar coa máis alta cota do barrio da Feira.

Finalizada a obra, aquelas xentes humildes deixaron un pequeno óco no muro polo que asomaba un pequeno carballo que, aínda a día de hoxe, vixila desde a súa privilexiada posición, no alto da Feira, que sigamos todos unidos e traballando xuntos polo ben do barrio.



A placa do monolito recorda a colaboración da emigración

Carros vaciando terra no torreiro- Ano 1932-Arquivo A.C. A Feira
1956- Monolito na súa ubicación orixinal


A continuación unhas fotos inéditas do noso arquivo, que estarán dispoñibles na próxima edición, en canto haxa un volume suficiente de novas fotografías:

Monolito na súa ubicación orixinal

1932-Os carros vaciando terra no torreiro
De celebración no novo torreiro

O carballo de pequeno

O torreiro da Feira, aínda sen o primeiro centro cultural

.


Con agradecemento a Florencio Fernández e Isabel Fernández, que aportaron moitas, novas e moi valiosas fotografías para o arquivo do centro.

Ti tamén podes colaborar a que coñezamos mellor a nosa historia aportando as túas fotos antigas. ANÍMATE,  trae as túas fotos.